Libros
O escondite (conto de amor)
Contan que unha vez, xuntáronse nun lugar da terra todos os sentimentos e cualidades dos homes.
Cando o aburrimento boquexou por terceira vez, a loucura como sempre tan tola, propuso: -Xogamos ao escondite?
A intriga levantou unha cella intrigada, e a curiosidade, sen poder conterse preguntou: -Ao escondite? como é iso?
-É un xogo -explicou a loucura-, no que eu tápome a cara e comenzo a contar desde un ata un millón mentras vos os escondedes, e cando eu, remate de contar, ao primeiro que atope ocupará o meu lugar para continuar o xogo.
O entusiasmo danzou secundado pola euforia.
A alegria deu tantos saltos que rematou por convencer á dúbida, e incluso á apatía, á que nunca lle interesaba nada.
Mais non todos gostaban de participar. A verdade prefiriu non esconderse, para que? se ao final sempre a atopaban. A soberbia opinou que aquelo era unha parvada (no fondo posuía unha gran molestía por non ter ela a idea) e a cobardía preferiu non arriscar...
Un, dous, tres...comenzou a contar a loucura.
A primeira en esconderse foi a perguiza, que como sempre, deixouse caer trala primeira pedra do camiño.
A fe subiu ao ceo, a envexa escondeuse trala sombra do trunfo que, co seu propio esforzo acadara subir ao cumio da árbore máis alta.
A xenerosidade case non alcanza a esconderse, cada sitio semellaba demasiado marabilloso para os seus amigos...que se un lago cristalino, ideal para a beleza, que se a acha dunha árbore, ideal para a timidez, que se un voo dun refacho de vento, magnífico para a liberdade. Así rematou por ocultarse nun raio de sol.
O egoismo en cambio, bateu cun sitio moi bo desde o principio, ventilado, cómodo...só para él.
A mentira escondeuse no fondo dos océanos (mentira, en realidade ocultouse tralo arco da vella) e a paixón e o desexo no centro dos volcáns.
O esquecimento...esquencín onde se escondeu...malía non é o importante.
Cando a loucura contaba 999.999, o amor aínda non atopara sitio para esconderse, posto que todo estaba ocupado...ata que, atopou un rosal, e tenramente decidiu esconderse entre as frores.
Un millón,-contou a loucura- e comenzou a buscar.
A primeira en aparecer foi a perguiza, a só tres pasos dunha pedra. Despois, escoitou á fe, discutindo cos deuses do ceo, e a paixón e o desexo, sentíunos vibrar nos volcáns.
Nun descuido encontrou á envexa, que como é lóxico deduciu onde estaba o trunfo.
Ao egoismo non necesitou procuralo, él só saiu do escondite, do que resultaba ser un avispeiro.
De tanto camiñar sentiu sede e, ao achegarse a un lago encontrou a beleza e coa dúbida resultou máis fácil, posto que bateu con ela sentada sen decidir aínda onde enconderse.
Foi así como ía atopando a todos, o talento entre a fresca herba, a anguría nunha escura cova, á mentira tralo arco da vella (mentira, si ela estaba no fondo do océano) e ata o esquencimento...que xa esquencera o xogo, malía só o amor non aparecía por ningún sitio. A loucura procuro detrás dunha árbore, de cada charco do planeta, dun outeiro e, cando estaba a piques de darse por vencida, divisou un rosal e ás súas rosas...entón tomou unha galla e comenzou a remover as ramas, cando de súpeto un doloroso berro escoitouse.Os espiños do rosal feriran os ollos do amor; a loucura non sabía que facer para desculparse, chorou, implorou, pediu perdón e ata prometeu ser o seu lazarillo.
Desde entón...o amor é cego e a loucura sempre o acompaña.
chuzar
| menéame
| tafaneja
| zabaldu
| eleja-me
| digg it!
O estanque
Nun reino máxico, transitado eternamente por homes que nunca chegan ao seu destino, había un estanque de auga pura e cristalina. Nese estanque adornado por peces de diferentes cores bañabanse en mutua compañia a furia e a tristura.
Nese baño espido de vestimenta, a furia, -apurada de costume- sae da auga precipitadamente. Mais cegada por natureza, non atopaba a súa vestimenta. Así que, vestida coa roupa da tristura marchou.
Con serena disposición e calma, a tristura completou o seu baño. Perguizosamente e sen concencia do paso do tempo saiu do estanque, mirando o espazo baleiro das súas roupas. Non querendo pousar espida, vestiuse coa roupa da furia.
Desde entón contan, que moitas veces, un atópase coa furia, cega, enfadada, cruel e terrible. Mais se miramos ben, -con tempo suficiente-, atopamos o disfraz da furia, e detrás da súa vestimenta, escondida está a tristura.
Adaptación e traducción do conto "La tristeta y la furia" de Jorge Bucay
Será malo bañarse en reinos máxicos sen destino, ou con esas roupas?
(-Mmmn,...Non o sei, preguntadello a Mariano Rajoy)
chuzar
| menéame
| tafaneja
| zabaldu
| eleja-me
| digg it!
Cruzar a ponte
" Érase unha vez unha illa. Nesta illa había un señorío, no señorío había un río, enriba do río había unha ponte, e ao final da ponte había unha forca e xunto á forca uns xuíces que xulgaban unha extrana lei que otorgou o dono do señorio, do río e da ponte.
Dacordo con esa esa lei, quen pasara pola ponte tiña que dicir cara onde ía. Se dicía a verdade, os xuíces tiñan que deixalo pasar; e se mentía, tiñan que aforcarlo de inmediato.
Sucede que un viaxeiro cruzou a ponte e dixo, o máis campante, que fora para ser aforcado na forca xunto á ponte enriba do río. Os xuíces quedaron desconcertados. Se o deixaban pasar, entón mentiu e correspondería aforcarlo, por mentir. Se o aforcaban entón dixo a verdade, porque dixera que ía ser colgado nesa forca; polo tanto correspondería deixalo libre."
¿Como se resolve o dilema?

De ninguhna maneira: é unha paradoxa.
Na segunda parte de D. Quixote, do que parte este post, Sancho Panza decide deixar libre ao viaxeiro argumentando que sempre é mellor facer o ben antes que o mal.
(Ilustración de octavio Campo)
chuza esta historia
| menéame
| tafaneja
| zabaldu
| eleja-me
| digg it!
Un home que non é home...
(Un home que non é home) ...ollando e non mirando un paxaro que non é paxaro pousado nunha árbore que non é árbore, lle tira e non lle tira cunha pedra que non é pedra.

Mañán a solución! (Pista: platón e república)
chuza esta historia
| menéame
| tafaneja
| zabaldu
| eleja-me
| digg it!
Neno vudú
Fai un tempo que sospeito que Nicolas Cage é un tipo de lenda. Non só por que o fan protagonista dun montón de cancións, senón que ademáis do cine, -con boas interpretacións en xeral- fai incursións na banda deseñada, da que é moi afeizoado. (proba delo é que mudou o seu apelido orixinal de familia (Ford Coppola),polo dun famoso comic de marvel)

Agora, xunto co seu fillo, presenta un comic co título "woodoo child". (non confundir co albúm de Jimi Hendrix)

A historia, relacionada coa guerra civil americana, narra cun asasinato por medio, a raigame do racismo desde 1860 ata o 2005 con mestura de catastrófica realidade e a maxia negra.
De momento aqui, só podes ver as sete primeiras páxinas (en inglés)
->Hoxe (venres,6 de xullo) por certo, botan en cuatro o filme "Snake eyes" de Brian de Palma e despois, non podedes perdervos "sendeiros de gloria" de Stanley Kubrick
chuza esta historia
| menéame
| tafaneja
| zabaldu
| eleja-me
| digg it!
O home inédito
Despois da intensa campaña desenvolta polo autor, e dado que a distribúe de xeito gratuito, poñemos a continuación o principo da súa novela " O home inédito" de Carlos G. Meixide.

Era a primeira vez que se deitaba cunha americana. Chamábase Emily e era de Minnesotta. Coñecéraa aquela noite nun pub de Williamsburgh, o arrabaldo de moda en Brooklyn, vendo un par de cativos brancos que facían hip-hop.
–Eu vou embora, amanhã será outro dia.
Se queres levo-te à casa. Não suporto mais estes malandros.
–Grazas, Inácio, mais quedarei un cacho.
O Inácio deixou dez dólares na barra e marchou empaquetándose nun horríbel plumífero canarinho fosforito. Lucas repasou canto diñeiro lle quedaba e pediu outra cervexa. Prendeu un pito e acobadouse de costas á barra.Nin lle gustaban aqueles petardos que facían hip-hop nin lles entendía unha palabra, mais sentíase ben. Lembrou a casa,A Coruña, o mar, a praia, a mamá, o papá, un concerto de hip-hop ao aire libre duns cativos de Ordes que lle fixeran moita graza, cun litro de cervexa na man, Estrella Galicia, tan rica e tan fresca.
–Sorry! Do you have a cigarette?
Unha loira espilida sorríalle a dous palmos do nariz.
–Ouh, claro. OK.Take it.
Tiña as mans brancas e delgadas.Tremíanlle lixeiramente mentres acomodaba o pito na boca e facía un aceno para lle pedir lume. Lambeu con forza, como unha fumadora inexperta e axiña a invadiu unha tose intensa e repugnante.
–Oh, fucking cigarettes! I have to give up smoking.
“I have to give up smoking”. A Lucas deulle a risa.Aquela frase caía sempre nos exames de inglés do Quintanilla, o dos dedos amarelos pola nicotina. Ela riu tamén cunha gargallada estrondosa. Era de risa moi fácil.
–Why are you laughing?
–Oh, nothing. I was remembering my childhood.
Unha nova gargallada galiñácea.
–Where are you from?
–I’m... I’m... well... I’m... –Dubidou por un intre, mais decidiu que desta volta non respondería como facía decote: “Verás... Son galego, de Galiza, unha nación do noroeste da Península Ibérica que administrativamente pertence a España mais que ten unha lingua de seu, o galego, da mesma orixe có portugués,e unha cultura de raíces celtas, máis equiparábel a Irlanda, por exemplo, que á idea preconcibida que ti poidas ter de España...” Non, desta volta non lle petaba espallarse con tantas explicacións–.
I’m... I’m... I’m a fucking Spanish.
A ela abríronselle os ollos, de gata, dun azul moi claro, e ladeou suavemente a cabeza.
–¿Español? Yo sé un poquito español. Estuve tres meses en Méxicou.
–Good.
[seguir lendo... ][Descargar formato .PDF - 845 Kb]
chuza esta historia
| menéame
| tafaneja
| zabaldu
| eleja-me
| digg it!
Na procura da felicidade
Hoxe, 23 de abril (2007) como non podía ser doutra maneira, recomendoche 2 libros sobre a procura da felicidade:
E despois contestame a este pensamento... si podes...
É a felicidade o esperado final dun largo viaxe, por medio do purgatorio persoal que todos temos que soportar ou sinxelamente o atopas polo camiño, que a diferencia das pedras, tes que tentar tropezar con elas tantas veces como sexa posible.
chuza esta historia
| menéame
| tafaneja
| zabaldu
| eleja-me
| digg it!

