Viaxes

Belchite Vs Auschwitz

O 7 de setembro de de 1937 tivo lugar en Belchite (Zaragoza) unha das batallas máis crueis da Guerra Civil española. A Historia relata que a conquista da vila fíxose casa a casa por parte do exército nacional, que atacou con extrema contundencia na zona de Aragón, co obxectivo de cortar a vía de comunicación das liñas republicanas, entre Cataluña e Euskadi.

Nestes setenta anos non se reconstruiu ningunha edificación do que foi o centro neurálxico desta poboación, que viu como ó seu carón medrou o denominado actualmente Belchite Nuevo. Nunha recente visita ás ruinas podíase apreciar como unhas poucas lendas son testigo das escasas actuacións feitas no lugar para evitar o seu total deterioro.

 

Belchite 

Bótase moito en falla información in situ de calqueira tipo que ilustrara a barbarie que alí aconteceu. Unha información que axudase a reflexionar ó visitante daquel desolador lugar acerca do que os antecesores da nosa recente historia tiveron que vivir. Sería unha boa oportunidade de aprender unha lección para as xeracións que nos criamos pensando que as guerras son coma os xogos de nenos emulando ós madelman cos ollos pintados de negro, no que se colgan medallas ou se conducen avións que cuspen balas para matar ós malos. Xogos nos que o único que se sufre é o orgullo de perder, alleos ó verdadeiro sufrimento que conleva a guerra: a sede, a fame, o frío…, a morte.


Xusto un mes antes, visitamos outro dos horrores da guerra: o que foi un dos máis nomeados campos de exterminio nazis, Auschwitz, en Polonia, onde se estima que un millón cincocentas mil persoas foron aniquiladas. Hoxe, cada día centos (case diría miles) de persoas de todo o mundo se acercan a aquel lugar en visitas guiadas en varios idiomas, nas que se pode revivir boa parte deses episodios da Segunda Guerra Mundial. Un nó na gorxa que vai medrando a medida que se afonda na visita ás cellas de castigo, ó paredón de execución ou ó forno crematorio masivo…, fai que a visita de dúas horas transcorra en silencio, a pesar da multitude que acode ó lugar.

 

Auschwitz

Penduraba unha pregunta: cómo estarían a encaixar na actualidade os alemáns esta mostra do horror que causaron os seus antepasados?. Parte desta incógnita despexouna Hans, un compañeiro alemán que atopamos en Cracovia. El xa visitara o lugar con nove anos. E uns días máis tarde, en Berlín aclarei as dúbidas que me quedaban, visitando lugares coma o Museo da Resistencia. Comprobei como os alemáns actuais manteñen viva a súa memoria, aprendendo da súa propia historia para non reproducir o xenocidio, tendo ben presente aquelo que non se debe voltar a repetir.

Por iso sinto verdadeira mágoa da ocasión perdida que nos dá Belchite, en España, de aprender da contenda fraticida, porque perder a memoria histórica pode condenarnos a voltar a repetir o desastre. E arrepíos de que haxa quen se opoña a telo presente.

 

 

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

CrossMan activo 19.9.07 19:05, comentar

Queres pasear por unha galaxia?

Non pretende ser este un comentario para propoñer ideas para sitios onde ir de vacacións, máis ti mesmo/a (si tes cartos dabondo). Imos falar da Arachnocampa luminosa un bicho que podes atopalo nas antípodas, na cova de Waitomo.

Foto: Rory van Schaick (cortesía de milkthebasic)
Foto: Rory van Schaick (cortesía de milkthebasic)

Resulta curioso, embora unha das atracións turísticas de Nova Zelanda é un insecto que, na fase larval, é un gusano que vive na bóveda dunhas covas e que emite un brillo que lumea o teito da cova como si dun ceo moi estrellante se tratase.

A candela do gusano sirvelle para atraer ás súas presas que quedan atrapadas entre uns fíos de seda xelatinosos que o propio gusano pega ao teito. Logo duns meses, a larva transfórmase nun mosquito. O propósito destes gusanos é alimentarse namentras son larvas, pois cando chegan a adultos e son insectos, apenas teñen uns días para copular e morrer, non teñen boca, nin estómago, nin aparato excrector, o seu único fin é copular.

A cova de Waitomo, na rexión de Waikato en Nova Zelanda, é un dos sitios máis coñecidos gracias ao espectáculo que ofrece este gusano. O paseo en barca por medio dunha galaxia oculta varios metros baixo terra fáise en silencio (pois incluso os murmullos poden asustar a estes bichos e non prender a súa trampa luminiscente (e mortal para outros insectos) percorrendo a cova de Waitomo perante 45 minutos, a 50 persoas como máximo nun bote e 30 dólares por barba.

Estando prohibido o uso de flash e cámaras de video, podes ollar unha galería de imaxes de Waitomo e seus alrededores en flickr ou ben ver un video en you tube que xa teñen mérito, pois cas prohibicións impostas para o retrato na cova (excusas levar cámara), ao menos podes dicir aos amigos como é co viche.

 

Okemos activo 11.3.07 10:23, comentar

Crónica dun fin de semana en Londres

En principo, e dada a viaxe contratada, un céntimo ida e outro de volta, sen contar taxas, é facil para un blog gratuito destinar un corresponsario para... visitar a "tate" de londres ou aproveitar as rebaixas. Máis había outra condición non anunciada previamente; só podedes viaxar cunha bolsa de man, -sen posibilidade de faturar ningunha maleta- e non podedes gastar máis de douscentos euros.

Realmente a proba era saber si é posibel botar un fin de semana en Londres sen gastar máis do que costaría un fin de semana, por exemplo en Salamanca.

Nesta viaxe, non contan os agasallos e compras que cadaún fixera, máis si o parking do aeroporto e o gasóleo do traslado.

Cómpre advertir que somos catro persoas e vamos todos nun coche. Contactamos co "aparcamentos Labacolla", ao ter a tarifa máis barata para longas estanzas.Deixamos o coche, e nos levan no seu transporte para que de primeiras acudir ao mostrador de Ryanair, que comproba as medidas do noso equipaxe de man sen problemas, agás 700 gramos demáis nunha bolsa que deixan pasar. A viaxe foi sen problemas, a pesar dos restos do "killer wind" ou sexa un furacán que arrasou con algunha árbore do Hidepark.

O noso aloxamento (Royal Hotel) é un "B and B"; cama e almorzo mañaneiro por 20 euros, que non deixa de ser unha pensión cutrilla con roupa limpa e moqueta por tódolos lados.-En Londres, a calidade dos aloxamentos deixa moito que desexar, máis éste é barato para os prezos que se estilan na cidade- A súa ubicación é nunha rúa, preto de Hidepark, chea de albergues e hoteis.

Trouxemos algo de pan, chourizo, queixo, xamón...para aforrar cun bocata algunha comida. Organizamos a primeira visita o venres ás 17 horas, no solpor britanico de greenwich-que debería ser o mesmo en Galiza.

Como quen di, estiramos as pernas e tomamos unha pinta nun pub. A cea é na nosa "suite para catro" no Royal.

Ao día seguinte, diriximos tralo almorzo continental incluido, os nosos corpos mochileiros ao mercadiño de Portobello, a carón de Notting Hill. Aqui non conta o que gaste cadaún, polo que só farei mención dunha estupenda collección de discos rebaixados que merquei. O xantar facémolo no mercado, porque podes comer un prato de pasta con polo ou carne por 3,50 libras, ou sexa aproximadamente 5 euros. Pola tarde, as tres mulleres da expedición deciden fuxir ás tendas de Oxford st., mentras eu vou ao museo de historia natural. Lembro con coña que, como meu inglés esta bastante oxidado, a última vez que fun ao citado, o garda de seguridade farfullou unha pregunta que respondín cun sorriso e asentemento ao estilo de iee (yes). Hoxe con máis calma soupen que o que me preguntaban daquelas era si levaba algo perigoso, estúpida pregunta que se merece o que lles contestara daquelas, porque o tipo non fixo máis que cachearme e comprobar que a preguntaba sobraba cun tipo como eu. As exposicións deste museo son tanto, como o edificio que as alberga. Nin que dicir que sobraba xente por tódolas beiras, sobre todo porque a última adquisión era a balea do támesis.

Á noite, ceamos na suite, e fumos tomar unha pinta á zona do intrasitabel Soho.

Ao día seguinte, quedamos de visitar o mercado de Candentown, moito máis grande que o de portobello e máis caro, aínda que non deixa de sorprender. Se queres mudar de "look", podes mercar roupa gótica da cabeza aos pés, iso si non é para tódolos petos. Tamén podes aquirir discos, artesanía, gorras, froreados e vestidos rococós, aparellos de circo, roupa de sengunda man e militar, mobles, e comida por 3 libras e media. Existe unha gran variedade oriental onde comer e beber. Pola tarde, escangallamos o grupo para ir de compras polo centro (fundamentalmente aproveitar as rebaixas). Quedamos de cear o noso bocata nun Pub para coller o autobús que nos leve ao aeroporto, posto que hoxe durmiremos alí para axustar o orzamento da viaxe.

O mellor sitio para durmir no Stanted airport é detrás das oficinas de aluguer de coches, onde o persoal de limpeza e de seguridade respeta o teu sono ata as catro da mañá, hora na que por megafonía empezan en primeiro lugar a espertan ao verdadeiro campamento congregado cun good morning, para de seguido relatar a actividade que comenza. A obrigada comparecencia no mostrador de compañia aérea é moita máis estricta que en Santiago de Compostela, obrigando a quitar o exceso de peso, que bulramos intercambiando entre os nosos bolsos.

Lamentabelmente, o truco non vale para nada, posto que as rapazas teñen que tirar o saco de durmir ao tentar pasar polo acceso de seguridade á terminal. Desto último decateime un pouco máis tarde, porque tiven un pequeno intercambio verbal co policía, que ágora a tempo pasado podo relatar. O caso é que supoño sabedes, dan unha bolsa de plástico para que leves na man o frasco do champú,xel,cepillo... co tamaño permitido. Eu organizando o chubasqueiro que levaba na man, o xornal e unha gorra que mercara en Portobello, quitando as cousa metálicas para pasar o arco, poño de novo a bolsiña dentro da equipaxe. Paso o arco e un amabel policía dime "havelajkljrirjij" ao que eu, sempre tentando levarse ben coa autoridade, digo que iee (yes) co ánimo de aforrar estupideces. O que me contesta, non o podo reproducir,só sei que di algo así como... maleta " jhdff ksdghlsuitcase". Eu contestolle coa mellor das miñas sorrisas e un.. good!, se cadra non moi británico, máis o amabel policía procede a abrir a maleta, di outra intelixibel cousa que pronto é traducida por unha compañeira de viaxe, como home si lle damos a bolsiña é para que a leve na man. Parece ser que a anterior pregunta era si levaba algo punzante ou perigoso, pregunta tan estúpida que merece a resposta dada (iee) Así que unha vez rexistrada a maleta paso o control sen máis atrancos verbais. A volta podo engadir unha perigosa treboada antes de aterrar, que provoca certo nervosismo nunha primeriza acompañante de asento.

A conta de resultados, máis ou menos é que gastamos 2 céntimos no billete ida e volta, corenta e catro euros de taxas aeroportuarias, outros corenta en autobús a londres ida e volta, tres euros de traxectos no metro coa tarxeta oyster (tres euros de depósito), corenta e dous euros de hotel por duas noites, quince euros por 3 comidas, e doce de cervexas varias. Total cento oitenta e tres euros, incluindo quince euros de aparcamento e doce de gasóleo. Hai que chamar a atención que, co nivel de vida que teñen, a cervexa e a comida é maís barata en correspondencia.

1 Comentar A parte A activo 29.1.07 14:10, comentar

Polonia do noso corazón

Como en mondoxibaro, somos moitos, temos sorte de espallar polo mundo corresponsais temporais.

No seguinte documento, repasamos nunha lembranza visual e musical, a prometida, correspondente a Polonia. (Perdoade a calidade, máis fixeronse cun teléfono móbil)

Historias de polonia: parte 1, parte 2, parte 3, parte 4, Epílogo

As Partes A e B activo 27.12.06 20:36, comentar

tratado de umbrografia!

Xa que palpo as humídades e tisturas da chuva de Porto, non quero polo menos desproveitar a estanza que dan os portugueses. Onte descobremos máis falsos amigos. Tudo isto semella "espantoso" e esta "fish", ou sexa todo esta de puta nai. Así é a vida nocturna de Porto, moi fish, máis tamén cara, porque tes que desplazarte en Taxi a tódolos lados.

Fumos a contagiarte, local moi chulo que rivaliza co "maus habitos", e podemos afirmar que a rumba catalana triunfa entre os máis fish da noite portuguesa. Adeus á música electrónica, viva a música chill out brasileira e "love mai frend, lolailola".

Hoxe con certa resaca e o estómago cheo dunha "Francesinha" das 5 da mañá, recordo a conversa con D. Adriano, un tipo encantador, que xunto coa súa muller deixase fotografar no "Esta-se bem"

Vale a pena, coller un taxi, cara o cubo da ribeira, probar unha ginginha, e falar das costumes, dos turistas, e ata de internete; xa que estes vellos encantandores teñen un blog.

O domingo, despois de ollar varios xornais, incluida a sorpresa de ler no suplemento do "El Pais" a historia de Alfonso I, (Rei dos xíbaros)vexo a nova que o gran debuxante portugués da banda deseñada, publica en España e Portugal unha historia que promete: Tratado de umbrografia, de Jose Carlos Fernándes co editorial devir. (Lóxicamente non ten nada que ver co impresentabel de exponor)

Contan que o voo 713 para Belize ten un accidente, e cando recuperan as caixas negras, non atopan nin rastro da tripulación e dos pasaxeiros. Máis escoitan perplexos o rexistro das conversas. Esas conversas, dan cor ás historias publicadas baixo o seriado "Black box stories".

1 Comentar man activo 3.12.06 20:00, comentar

O pior do pior!

Hoxe estou en Exponor. (Porto, Portugal). Comencei o día sen moitas gañas de viaxe, porén xa estou aqui, e aqui, co pesimismo latente que din dos portugueses, descubro a gracia que teñen algúns para organizar un concurso sobre o pior portugués de sempre. Comentan na Feira (Lembren que Exponor é o maior espazo ferial de Portugal) que o pior sen dúbida ten que ser  o regordete rapaz,  Carlos Fernandes, que convenceu a un montón de comerciantes a gastar os cartos e non vender nada.

Encheron o recinto de monxas, minusválidos, mozalbetes a punto de reventar en hormonas, máis nin catro pesos para xuntar tamaña expedición, de pagar viaxe, stand... Iso si, 50 mil persoas. 50 mil!

Os responsabeis son unha empresa que se define como especialista en Feiras e exposicións; Bluefairs e fan as mesams falcatruadas en Bouzas (Vigo, Galiza).

Dende logo é unha mágoa, que no concurso esponsorizado polo xornal Público (Portugal) sobre o pior portugués de sempre, non se poidan incrementar cabalgaduras, "máis é assim a vida"

 

man activo 2.12.06 21:30, comentar

Menos vacacións e máis traballar!

Despois dunha semana de vacacións, teño que dicir que non botei de menos esto de escribir no blog. E eso que foi unha semana de relax total, aquí polo sul, por terras andaluzas: Sevilla, Xerez e Alxeciras (sí leíche ben, ALXECIRAS) sitios nos que xa estivera fai dous-tres anos, e que establecendo ditos sitios como a nosa cabeceira danos por visitar os sitios de arredor (Alcalá de los Gazules, Grazalema, Marbella...).

Non botamos de menos as tapiñas e os viños do Norte, por aquí hai unhas tapitas estupendas, e o que me sorprendeu e a re-visitación de Xerez, coma unha cidade encantadora, onde non me importaría vivir.

Ao fin só procuramos un sitio cómodo, placentero para a vista en todo-los sensos, e polo menos a parte de Xerez que visitamos nos encantou. Ata se nos dou por visitar unha casa que esta a venta (preciosa, se vostede pensa vivir alí, eo non a deixaba escapar -vale os cartos que piden-) pero ao final botanos para atrás a distancia entre Galicia e Xerez (namentras non haxa autovía da prata, esto terá que esperar por moito tempo, e a casa xa non creo que xa estivera a venta).

Xerez comparado con outras grandes cidades andaluzas, ainda conserva certo estilo urbanistíco -cafradas tamén as ten- pero non é como Marbella, por exemplo, onde a praia é inexistente -tipo Marrana d'or - e conviven volumenes desiguais para calquera sitio que dirixas a mirada.

Dos pobos brancos que visitei (Arcos, Alcalá, Grazalema ...) quedome con este último, Grazalema, situado a 70 Km. de xerez (142 Km. desde Cádiz) ainda conserva ese de pobo que xa non posue Arcos por exemplo.


Despois dunha semana coa presencia constante do touro no fusco, minguado pola chuvias das primeiras xornadas -por aquí choveu coma en Galicia- chegamos a triste relidade, mañan toca traballar. Así a descansar, aburiño como din na costa!

1 Comentar Mondoxíbaro activo 14.11.06 09:52, comentar

Roma cittá vecchia

No primeiro día que estivemos en Roma (escribo esto dende Santiago, pois en Roma foi imposible, a nosa conexión ía a pedais) fixemos unha primeira aproximación ao monumentos que todo visitante que vaia a cidade eterna non debe deixar de visitar -por descontando que son os máis concurridos e atestados de turistas, pero que non tes máis remedio ou senón parece que non estiveras- que son: Campo de fiori -de aquí partimos porque é onde tiñamos o apartamento, piazza Navona (lástima que non poidemos ollar a fonte dos 3 ríos, porque a estaban a rehabilitala), Pantheon -impresionante monumento romano e o ben conservado que chegou ata nosos días-, fontana de trevi -o mellor e vir moi cedo- senón está atestada de xente, piazza de Spagna e os alredredores, a igrexa que esta situada na praza Minerva, que tedes que perdoar que non poña o seu nome, pero despois de ver tantas igrexas (o pior é que dos doce que fumos, ninguén sabe como se chama). Para o primeiro día non estivo mal, podedes establecer esa mesma rota procurando ditas prazas nun mapa, e a pesares do distantes que podan parecer, podénse facer a pe. O transporte en bus, ainda que existen bonos, no son moi recomendables si estades aloxados no centro porque as distancias son moi asequibles, ademáis de callexear pola cidade. No caso de estar noutro sitio (termini ou arredores) pois vos mesmos, ainda que para volver e descansar os vosos pes, sería recomendable coller un ticket de bus (1 euro) -que só se venden na tabacheria, ou bares indentificados cunha T, e tamén nalgunhos buses, noturnos principalmente, e sirve para viaxar perante 75 minutos dende a primeira validación- . Podes ter a tentación de non validar o ticket e así poder viaxar polo morro, pero tamén debes conocer que si te pillan son 150 euros de multa, ademáis de que ós romanos non lle caen especialmente simpáticos os turistas, e se poñen unha multa, adiviña a quen escollen, entre un romano e un turista?.

Mondoxíbaro activo 20.10.06 15:08, comentar

Roma cittá sucia

A primeira impresión é a conta e esto ademáis de parecer caótico todo e que esta todo moi sucio. Os romanitas son máis do sul e semellan ser moi pasotas. Eso si ben vestiños [por que cando ves ti a un galaico da mudanza con garabata e traxe...

Polo demáis como calquera sitio onde lle sobran os turistas, si poden te fregan e sobre todo si lle falas algo en inglés o outro idioma que non sexa italiano capichi

Esto vai como a carallo, sen signos por que este teclado esta escarallado, funciona o internet cando quere, e son as 2 da mañan e estou canso, polo que cando estemos en Galicia ou o 50% de Mondoxibaro que esta por Amterdan poidera compoñelo.

A pizza e a pasta que a nosa base da dieta e as longas camiñatas faínos manter a liña. Ainda que xa os diremos a volta como terminamos. O único problema que temos *somos 12 e atopar sitio para cear.

Bicos e abrazos a todos

Mondoxíbaro activo 14.10.06 01:36, comentar

Polonia 2ª parte

Onte ao final, nos estiramos, e no LOTHUS, a 25 euros por barba. (algunhas palabras van sen til, por culda do ordenata deste ciber polaco) CORREXIDO POR MONDOXÍBARO EN GALICIA

Hoxe chegamos a Cracovia (Kracow), cidade moi fermosa e chea de xente. Fixemos unha parada previa en Owycek (Auschwitz) do que vos falarei aparte.

A estas alturas temos claro dúas cousas: que difícil é o polaco e que fermosas son as suas mulleres. Os homes, polo que contan as compañeiras, teñen mellor cara que os búlgaros. Por certo, aparte de saber dicir cervexa (piwo) tamén sabemos dicir foder (Kurwa). O nivel dos locais é bastante bo, e como sempre os prezos non estan tan tirados como advertiron algunhos en Galicia. Temos xa feito algunha incursión na Galitzia polaca, é talmente como á nosa. Hoxe durmimos nun hoteliño barato (7 euros a noite) que é uhna especie de albergue. Ten internet gratis, cociña, lavandería e agardamos 4 persoas máis na habitación, si veñen.

Última hora: Isabel ...aínda non perdeu, nin se lle coñece que a roubaran

Pa (adios) ou   do widzenia (atalogo)

A parte A activo 20.9.06 23:34, comentar

Viaxe a Polonia

Non teño moito tempo para contaros o meu periplo de viaxe a Polonia, ainda estamos a buscar onde durmir, soamente diciros que chegamos ben, cansados, pero ben. En Berlín moi ben, moita ambiente, moita actividade cultural (e eso que só ficamos no cafe-zapata).

Sen embargo hoxe (por onte a noite) levamos percorrido todos os aloxamentos deste sitio onde estamos -en Worclaw (Polonia)- pero como cona se escribe! o sitio onde carallo estamos, e vemos craramente polo momento duas opcións: a estación de autobuses e a do tren, xa os contaremos onde durmimos (parece ser que esta todo cheo por que hai un certame de miss polonia -o nivel bo, moi bo-).

 

A parte A activo 20.9.06 19:09, comentar