Historia

Eu

"Eu, non son sabio, nin filósofo, nin siquera un escritor de oficio. Escribín moi pouco na vida e só o fixen, por dícilo así, a pelo, cando unha convicción apaixoada forzaba a miña resistencia instintiva, exhibía a miña repugnacia do meu ser. Quen son eu? Que me impulsa a publicar? Son un fervente procurador da verdade e un inimigo, non menos ardente, das ficcións desgraciadas coas que o partido da orde, ese representante oficial privilexiado e interesado en todas as torpezas relixiosas, metafísicas, políticas, xurídicas, económicas e sociais presentes e pasadas, pretende servirse, todavía hoxe, para dominar e esclavizar o mundo.

Son un amante fanático da liberdade, á que considero como o único medio,no seo da cal poden deenvolverse e agrandarse a intelixencia, a dignidade e a felicidade dos homes... A liberdade que consiste no pleno desenvolvemento de tódalas potencias materiais, inteletuais e morais que se atopan latentes en cada un... Entendo esta liberdade como algo que, lonxe de ser un límite para a liberdade doutro, atopa, polo contrario, nesa liberdade doutro a súa confirmación e a súa extensión ao infinito; a liberdade limitada de cada uno pola liberdade de todos, a liberdade pola solidaridade, a liberdade na igualdade; a liberdade que trunfa da forza bruta e do principio de autoridade, que non foi nunca máis que a expresión ideal desta forza... Eu son partidario convencido da igualdade económica e social, porque sei que, fora desta igualdade, a liberdade, a xustiza, a dignidade humana, a moralidade e o benestar dos individuos, así como a prosperidade das nacións non serán nunca nada máis que mentiras"

Mijail Bakunin

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 

 

 

man activo 17.8.07 13:47, comentar

O roubo de Ravel

Seguramente tatarexou algunha vez a composición máis coñecida do compositor francés Maurice Ravel, ou ben, como terapia ou experimentación -ou rito sexual dada a sua especial cadencia rítmica-, a melodía repetitiva, que evoluciona case desde o susurro ata unha barroca explosión final -como se fai o amor ou sexo, pero ben feito-; estamos a falar de “Bolero” na que Bo Derek axudou a popularizar na película de Blake Edwards "10, a muller perfecta” ou a menos coñecida mais non por iso máis apoteósica, escea final enriba da torre Eiffel, de "Les uns et les autres" de Claude Lelouch alá polos primeiros anos 80.
Que a composición de Ravel é a obra que recadou máis dereitos de autor en toda a súa historia, xerando 2 millóns de euros ao ano, unha fortuna que se reparten, por medio dunha enigmática empresa con sé no paraíso fiscal das Illas Vírxes, entre a filla dunha enfermeira e un vello ex-directivo de $ACEM, a $GAE francesa. Ningún dos dous se apelida Ravel.

O máis irónico é que "Bolero" creouse por culpa do copyright (daquelas non existía creative commons). A primeira versión que fixo Ravel chamabase “fandango” e era unha orquestación sobre unha obra de piano do compositor catalán Isaac Albéniz. Sen embargo, Ravel non conqueriu os dereitos necesarios para súa versión, polo que se viu obrigado a empezar outra vez dende cero. Así nadou o famoso Boleiro, unha fermosa melodía que esconde detrás a sinistra historia dun tango.

 

reprodutor fornecido por ODEO
Descarga: Torrent | Kazaa | arquivo MIDI | escoitar en: last FM

chuzao! menéame tafaneja zabaldu eleja-me digg it!

1 Comentar Okemos activo 22.6.07 19:27, comentar

Capitán trono

Aparte de levarse ao cine, (por fin!), poñemos un enlace -ao final- da presentación do trailer feito no pasado festival de cannes.

"El capitán trueno" foi un tebeo mítico para os españois,desde os anos 50. Creado por Víctor Mora e o debuxante Vicente Ambrós.

Mostraba unha visión aberta do mundo, onde os que non eran españois non tiñan por que ser intrínsecamente malos, onde a relixión non era o único centro do mundo, aínda que, naturalmente, tiña a súa importancia, e onde os máis desfavorecidos non só non eran sospeitosos, senón susceptibles de recibir a desinteresada axuda do Capitán e os seus amigos.

Claro que vindo daquela época, tiña elementos "curiosos"; así, o Capitán é ante todo un macho ibérico, que enamora a todas as mulleres, que admiran o seu carallo (quero dicir valor e inxenio para enfrontarse aos múltiples perigos). Este bó cabaleiro, sempre se mantiña incólume aos desexos lascivos das voluptuosas e histéricas mulleres, polo que equivocamente sublimaba paixóns en tódolos orbes da sexualidade. Talvez, esaxero ao afirmar que, ata as galiñas se voltaban tolas pola personalidade forte e arrebatadora dun home que agarraba a súa espada toledana, como cuan verdadeiro falo, e violaba aos seus enemigos co berro de "santiago e pecha españa"

(páxina: delcomic.es/museo)

Enlace de maltés producciones (Trailer)

chuzao! menéame tafaneja zabaldu eleja-me digg it!

Man activo 20.6.07 12:50, comentar

Bonnie & Clyde

Aqueles, eran anos nos que, os médicos curaban as feridas de bala sen facer preguntas. Eran anos, nos que os avogados, coñecidos como "beizos rectos" eran máis delincuentes que os defendidos. Eran anos das... "Gun molls", especie de concubinas, amas de casa, compañeiras de atraco...

O crime estaba tan ben organizado, e a polícia tan de... Springfield,(Coma a dos Simpsons) que non era ilóxico que C. Barrow e B. Parker recalaran nunha das capitales do crime; Joplin ( Missouri)

Barrow, naceu esmirriado, afemiado e con gran espiritu de sacrificio. Na cárcere, antes de coñecer a Parker, foi capaz de cortarse dous dedos do pé cunha machada para non ter que traballar.

B. Parker, era loira e boa moza, casada e con ambición sexual, coñeceu a C. Barrow e a R. Hamilton. (Este último, descoñezo se, ten que ver con Lewis hamilton)

Hamilton non tardou en ser detido, polo que Bonnie e Clyde, afeizoados aos coches rápidos e as armas, fixeron do seu "hobby"; profesión e oficio. O seu infantil proceder, os deixaba estupefactos co ruido das escopetas. Era un espectáculo tan xordo, que o persoal quedaba sen collóns. Do mesmo xeito, era tan impresionante, que axudaba a reclutar axudantes. Contan que Willian Daniel Jones, xúntouse con apenas 17 anos, e Buck Barrow, irmán de Clyde, non tivó tempo de gozar a lúa de mel. Querian unha banda ao grande, coma as de Dillinger ou de Ma Barker, e para iso, non dubidaron en utilizar estratexias publicitarias; adoitaban a facerse fotos coas ferramentas de traballo nas máns.





Un día, un cidadán responsabel, (e non era Mariano Rajoy) denunciou a un extrano grupo de inquilinos. Ese feito precipitou unha ruidosa e salvaxe redada para deter a uns mitos, que tiñan sorpresas.
Así, os axentes descubriron que Bonnie Parker era poeta. A continuación vos transcribo o pouco que fixera ese día, antes da detención.



I was born on a ranch in Wyoming
not treated like Helen of Troy,
was taught that rods were rulers
and ranked with greasy cowboys...

 

 

O poema que atoparon, relataba o suicidio de Sal. Apenas estaba empezado, pero relataba a historia, verdadeira ou inventada, dunha moza; Sal, que se suicidaba tras unha vida de crímes e falta de amor.

Desde entón, a vida de Bonnie e Clyde, foi unha vida chea de violencia, poemas e sangue. Elementos mitificados por unha chea de películas posteriores e un montón de xente que perseguiu a súa lenda. Talvez, todo iso comporía unha tradición difícil de esquencer polas xeracións vindeiras, que ensinan antes a disparar unha arma que a xogar ao xadrez.

Talvez, por iso á Ministra de cultura, defende a tradición das corridas de touros, pensando que pode ser un filón para a cinematografia encher de sangue e poemas, os futuros filmes que engradezan o panorama artístico español. Porque si señores, temos unha "menestra" que inagura sedes de peñas madridistas, (baluartes da cultura hispana) defende os atracos da SGAE e as mortes gratuitas dos animais por tradición. Só lle falta que escriba poemas coma Aznar, aínda que logo, os cantaría cunha guitarra a tope de volume, para impresionar, coma Bonnie & Clyde coas súas escopetas. Dese logo, co que di e fai; mellor que non.

chuzao! menéame tafaneja zabaldu eleja-me digg it!

man activo 19.6.07 09:56, comentar

Cartas e desexos

"ETA, organización socialista revolucionaria de liberación nacional vasca, desexa comunicar aos vascos o seguinte:"

"Te envío tres besos: un ao teu corazón, outro á túa boca e outro aos teus ollos"

"Son tempos de clarificación. Euskal Herria quere dar pasos..."-así empeza ETA a súa epístola de terror, e corrixo eu- para superar a opresión e construir en liberdade unha terra de amor e concordia, mais sempre, sempre ten que haber un salva-patrias coma Rajoy, Aznar ou... ETA que a caguen.

Prefiro en último caso a Napoleón. (En negras; escribindo a Josefina, e na foto)

Que pasaría se Pepe Botella,* gobernara en España? Que paradoxas teñen os días e os nomes? non si?

_______

* Tal día como hoxe en 1808, Napoleón nomeaba ao seu irmán en Bayonna, rei de España.

Etiqueta/s:  
chuzao  | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar Man activo 6.6.07 12:26, comentar

Let it be

Paul McCartney, escribiu en 1969, "Let it be". A canción que deu título ao último disco do Beatles. (e a única que sei tocar co saxo). Persoalmente creo que unha das mellores cancións da historia da música.

A canción xurdiu, nunha época de desasosego, na procura interna de respostas. Paradóxicamente vivimos algo semellante, e talvez, haxa que estar atentos á música e as artes en xeral.

 

" e cando os desconsolados que viven no mundo se poñan dacordo

haberá unha resposta

Deixao estar

Porque aínda que vivan separados, todavía hai unha posibilidade

de que poidan ver

haberá unha resposta

deixao estar"


Ao mesmo tempo que os Beatles se descompoñian como grupo, gravaron un documento filmográfico, que testemuñou as distancias entre eles. Anos despois ata os mísmisos U2, copiaron o final da película de "Let it be". (non sei se é unha premonición ou tentación)

Poñovos a continuación un trozo da película e un enlace, por si queredes apreder a tocala co piano.


 

Para tócala co piano video http://www.youtube.com/watch?v=waF0aPvywPg

 

Máis información:

película e o disco "Let it be" / dos Beatles / letra e acordes

 

 

chuza esta historia | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

Man activo 8.5.07 15:30, comentar

Entrañas de ferro

Mesalina, filla de Mesala, e lúbrica muller ( pendón desorellado) de Claudio, era moi afeccioada a colleitar recodrs. Certo records, orientados máis ben, aos desafios amorosos.

Así, metida en faena, din que unha vez competiu en número de cópulas, con diferentes homes, contra unha das máis coñecidas putas do imperio. (Escila)

E gañou! Mantivó 200 encontros sexuais, mentras que a profesional só chegou aos 25. Superou a folgura cifra con agasallo e para dar reputación ao seu alcume de guerra; Lisica

Escila só puido dicir ao final da conpetición; "Esta infeliz ten as entrañas de ferro".

Digo eu, co record de trolas  que leva Acebes, que ten nas entrañas?

chuza esta historia | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar man activo 27.4.07 12:38, comentar

Viva Don Fernando José Salgueiro Maia e o 25 de abril!

Lembrar hoxe o 25 de abril, non é unha cuestión de orixinalidade ou oportunidade. Mais, seguro que hoxe, nuns segundos, escoitaremos a emocionante canción composta por Zecá Alfonso. Citar outra data, non teña tanto significado; que é o día internacional para salvar.., case ninguén se da conta.

Sen embargo, e sen demérito ao cantautor, é digno lembrar a memoria do pobo portugués, que foi quen de facer, o triunfo da chamada "revolución dos cravos", -caraveis, en galego normativo-.

 

(Foto dos militares sublevados, Fernando J. Salgueiro Maia, é o primeiro pola esquerda)

Hai tamén un heroe da revolución; Don Fernando José Salgueiro Maia, un dos capitáns que liderou a pacífica transformación da dictadura á democracia. (Lémbrese que só houbo 4 mortos). Da súa vida, neses días, e do acontecer da revolucíón, existe unha fermosa película escrita e dirixida pola actriz María de Medeiros chamada "Capitàes de abril" (1997). Algúns españois fachendosos e patrioteiros do estúpido orgullo de Fernando e Isabel a católica, fardan da nosa transición, sen reparar que os nosos irmans portugueses, deron unha auténtica lección de dignidade.

Hoxe, na galega (TVG) programa unha homenaxe ao cantautor, coproducido conxuntamente coa radiotelevisión portuguesa (RPT).

chuza esta historia | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar Man activo 25.4.07 11:12, comentar

Cochinos

Un día como hoxe, fai 46 anos, os EE.UU, utilizando á CIA, tentaron derrocar a Fidel Castro. Tres anos antes Fidel acompañado entre outros do Che, triunfaran coa súa revolución socialista e frearan o intervencionismo americano na illa.

Non moito mudaron as cousas, por canto Fidel sigue vivo a pesar do bloqueo, os americanos siguen a destrozar a seguridade mundial co seu intervencionismo e as súas guerras, e o Che, malía súa morte física sigue máis presente que nunca.

Aprendendo da historia, vemos que esa agresión, continuada pola operación mangosta, e capitaneada polo irmán do presidente americano, supuso o desencadeamento dunha grave crise entre os Estados Unidos, Cuba e a antiga Unión Soviética.

Ao día de hoxe, coa grave crise no Oriente medio, as tentativas de Irán por ser unha potencia nuclear e as seguras intervencións ocultas dos servizos secretos americanos, seguimos a construir un mundo máis seguro e habitabel. Proba delo?... a morte de José Couso, a intervención en Panamá, Chile, Palestina...

Por certo, falando de seguridade, e con rancor contra os que fan este mundo máis suxo e escuro, noraboa aos de Esquerda Unida, por denunciar a Aznar, e os seus crimes contra a humanidade. Só falta que, no Reino Unido e nos Estados Unidos, alguén faga o mesmo.

A todo o porco...chégalle o san martiño!

chuza esta historia | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar Man activo 17.4.07 10:11, comentar

Traxectorias ( 2 )

Hai unha sustancia engadida ás traxectorias, aderezada pola tradición. Lembrades cando un rapaz zurdo, era reconducido a escribir coa man dereita? -Non había unha cuestión de eficiencia, mais si existía unha compoñente formal e tradicionalista de facer as cousas coa dereita. -Ao fin e cabo tamén eran outros tempos, nos que a vella dereita aínda lembra con morriña- Aínda que afirmo que, tamén había, unha compoñente esóterica notabel, sobre todo no rural; onde convén dispoñer todo para estar a ben con Deus, e co Demo, por si acaso!. Froito disto veñen as lendas da Santa Compaña, nos benditos cruces de camiños, onde coma todos saben, si lle preguntaban a un galego para onde vai, éste respondía...e logo por que mo pregunta? (Supoño que un castelán ou canario, por dicir a xeito de exemplo fuxiría de medo ao ver á tan santa aparición)

Existe unha “traxectoria esquerda” con influenza Hindú, e outra “traxectoria dereita” con aportacións da anterior e do budismo. A “dakshinachara” o traxectoria dereita, consiste fundamentalmente en prácticas tradicionais, baseadas no ascetismo e a meditación. Sen embargo, curiosamente, a traxectoria esquerda ou “vamachara”, baséase nos ritos. Digo curiosamente, porque tanto a doctrina católica, como o oscurantismo e a maxia negra utilizan ditas canles de expresión ou traxectoria espiritual.

Indudabelmente, todos temos unha traxectoria na vida, e o certo é que non sempre podemos elixir entre a dereita e a esquerda, porque ás veces hai matices, tales como, a modo de exemplo da “Vamachara” utilizar nun rito católico o sacrificio humano é aceptado por canto dín que o contido do seu calíz é sangue de cristo, aínda que despois estranan ao vudú ou outros ritos cando destragan unha galiña.

Por certo, cal pode ser a traxectoria do alemán que lle meteu o ferrete á súa ovella? Esquerda ou dereita?

(Mañán 3º e última parte)


man activo 11.4.07 10:19, comentar

Traxectorias (1)

Utilicei por primeira vez un navegador nestas vacacións.

A experienza, resultou práctica ata certo tempero (punto).  -“Ao chegar á rotonda, colla a primeira saida”, díciame a máquina. Sen embargo, unha forza oculta collía a terceira saida. A máquina recalculaba de novo, e insistía en madarme cara atrás. Para os que nunca utilizaran semellante aparello,xeralmente a primeira é a dereita, a segunda é recto, e a terceira é a esquerda.

Tradicionalmente a esquerda limpa a merda. Iso é así non só pola relixión mulsumana que permite só utilizar a sinistra nas deposicións naturais do corpo, senón tamén en todo tipo de actividade política. Foi dende a esquerda, por medio do "capital", que se tentaba limpar e correxir os abusos dunha clase opresora. Hoxe en día esa "loita" é a mesma con distintos nomes. En calquera caso, sempre houbo dende os tempos, unha forza semioculta que inflúe na vida cotiá das persoas. A manifestación desa forza, avanza cara ao espiritu, por enriba do corpo. Agora ben, poden existir dous camiños: O silencio, bendecido pola morte, como un paso intermedio dunha nova vida, polo cal todas as relixións obrigan a un determindado estilo de vida, e o corpo, polo cal, utilízase o mesmo como signo e contradicción do anterior. Unha adaptación moral moderna, distingue entre a traxectoria esquerda e a traxectoria dereita.

 

 

Gosto do silencio, máis non podo descuidar as querencias do meu corpo. Ese gosto, electrifica en cada orgasmo, o camiño á perdición. Todas as relixións, glorifican o silencio, todas as relixións condean ao corpo. A dereita do noso corpo, a parte racional, por enriba da esquerda; a emocional.

-Mañán 2º parte-

1 Comentar man activo 10.4.07 10:32, comentar

Unha soa foto

Hai veces que cunha soa palabra...podes comenzar unha historia.

Noutras o lamentabel, pode ser unha soa foto.

Alguén escoitou algunha vez...Isto..non é o que parece?

Choutamos, o meme tradicional, cunha posibilidade diferente de intercambio: ao planeta dos soños, * para que, co seu inxenio e pericia acostumada, continue este post.

Hai 2 posibilidades: Podes elixir unha nova foto que diga moito, ou simplemente procurar unha resposta a "Isto...non é o que parece"

Sorte Rubén, agardamos de seguido a túa resposta e proposta

Postdata: A foto tomouse nas Azores no ano 2003, no medio dun vento infernal; o mesmo que anunciaba, a ruptura do consenso internacional e unha guerra ilegal (Como tódalas guerras)

(Os comentarios, a este post, son ben recibidos para axudar ao reto proposto)

* Planeta dos soños, é un blog chamado Mare-ingenii; relatos desde el planeta de los sueños

 

ligazón para trackback: http://myblog.es/mondoxibaro/art/1409152/Unha_soa_foto

 

1 Comentar Man activo 16.3.07 10:17, comentar

Houbo outros tempos...

Non tódolos/as internautas naceron onte; hai unha lexión de xente que comenzou con apenas 48 k de memoria na súa ram de ordenador.

Que tempos aqueles,(1982) nos que unha simple inclinación do cabezal do casette, podía incidir na carga dun xogo. Ou simplemente que fácil era ter un montón de xogos, sen que ninguén rabuñase as vestiduras sobre canons ou pirateos.

A imaxe, soa como música, e o que vedes era, o que tardaba en carregar un dos máis famosos xogos de antaño.

Sirva isto, como homenaxe ao Sir Clive Sinclair, por aquel entrañabel Spectrum 48 K, antesala do blog, a ADSL e a Web 2.0

 

man activo 2.3.07 14:55, comentar

Historias de Galiza

A imitación do vello título publicado no seu día por "A nosa terra", a TVG ven de anunciar a estrea dunha serie documental sobre a nosa idiosincrasia dramatizada ao xeito de explicar e espalllar o feito polos nosos antergos no pasado. Parabéns por canto, non é necesario trasnoitar (Domingo ás 21:45)

Historias de Galicia está feita como unha serie de carácter xornalístico. Nela intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que. A serie terá unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo.

En cada capítulo pártese dun escenario da Galicia actual, e durante 30 minutos cóntase cal foi a evolución dun fenómeno, desde as sociedades castrexa e romana, ata hoxe, deténdose en tres momentos históricos nos que se experimentou un cambio cualitativo na evolución dese fenómeno. Os asentamentos no territorio, a lingua, a casa e a propiedade, a agricultura, a pesca, o poder político, o poder relixioso, as crenzas, as guerras, as vías de comunicación, o papel histórico da muller, a emigración e a conciencia de país, son os temas dos trece primeiros capítulos da serie.

A serie documental, dirixiuna Xosé M. Vega e realizouna Ricardo X. Llovo.

man activo 23.2.07 13:50, comentar

A imperfección da media laranxa

Nun principio, a raza humana era case perfecta.

Os seres eran esféricos como laranxas; tiñan dúas caras opostas enriba da mesma cabeza, catro brazos e catro pernas que utilizaban para desplazarse rodando.

Estos seres podían ser de tres clases: un, composto de home + home, outro de muller + muller e un terceiro (o 'andróxino'), de home + muller.

A súa vaidade e a creenza da súa semellanza ás divinidades, levounos a enfrontarse cos Deuses, polo que en resposta, Zeus, os apartou e partiu pola métade. Hermes, rematou a orde dada, e xuntou as carnes sobrantes polo embigo, formando os actuais seres da terra.

Os nosos antepasados ían tristes polo mundo, na procura doutra métade e, si algún deles a atopaba, enlazaba os seus brazos ata deixarse morir de fame.

Zeus, compadecido pola estirpe humana, ordenou a Hermes que lles xirase a cara á mesma beira onde tiñan o sexo. Dese xeito, cando os seres humanos atopaban á súa métade, obtían pracer, e se cadra descendencia.

Dende entón, os seres humanos condenados na procura de atopar entre os nosos semellantes, á nosa media laranxa, coa que xuntar os nosos abrazos e completarnos.

Máis de novo, Zeus, ameazou con cortarnos doutra vez, senón apredemos a respetar os nosos propios lindes e superar a nosa perigosa arrogancia.

Nese caso,  quen nos verá, camiñando a saltos nunha soa perna!

(Resumo traducido do dircurso de Aristófanes, en "O banquete" de Platón)

Man activo 14.2.07 10:16, comentar

Son un gato

Un sofisma é unha refutación o siloxismo aparente, co obxectivo de defender algo confundindo ao ointe ou interlocutor mediante unha argucia ou argumentación que pode consistir, ou ben, en expoñer premisas falsas como verdadeiras, ou ben en seguir de premisas verdadeiras conclusións que non siguen realmente a ditas premisas. Istos argumentos, falsos, pero en apariencia verdadeiros, poden ser lingüísticos o extralingüísticos. Na actualidade usánse indistintamente os termos falacia e sofisma.


Protágoras, o primeiro sofista "profesional" acolleu a un pupilo que, a pesares de non ter cartos para pagar os seus servizos, o maestro lle tranquilizou, dicíndolle que lle pagase cando gañase o seu primeiro pleito. Tras un tempo de formación e vendo que o seu pupilo non gañaba ningún xuízo e que non entablaba ningún, supoñendo mala fe, decidiú levalo a xuízo.
O tribunal foi incapaz de pronunciarse: si Protágoras gañaba, o alumno debería pagar, rachando así o acordo orixe do litixio. Sí Protágoras perdía, o alumno non debería pagar nada.

Exemplos de sofisma:

1.- Sócrates é mortal 2.- Un gato é mortal 3.- Logo Sócrates é un gato

Outro sofisma máis actual:

Dice Rajoy : "Si usted no cumple le pondrán bombas, y si no hay bombas es porque ha cedido"




1 Comentar okemos activo 16.1.07 18:07, comentar

Que bonita sería a guerra!

Parafraseando a obra teatral de Joan Littlewood (What a lovely war)*, que bonita sería a guerra, ao xeito da reproducción feita na Coruña sobre a batalla de Elviña, realizada o pasado domingo. (Realmente a batalla foi tal día como hoxe, (16 de xaneiro) máis as conmemoracións, xa non son o que eran)

A preguntas dunha xornalista da voz, sobre a estratexia de combate, dícia un dos granadeiros antes da conmemorativa batalla: "Es simple, atacamos e dámoslle unha paliza", uns segundos máis tarde e con discreción, o presidente organizador daquel histórico cotarro, pediu munición aos franceses para os ingleses coa promesa de devolvela a primeiras horas da tarde. Vamos nin o desaparecido Miguel Gila, o serviría tan marabilloso e surreal.

Nin que dicir ten, que nesta bendita ocasión, non houbo parte de baixas.

Si quero saber máis sobre os granaderos de Napoleón?

* What a lovely war, é unha peza teatral, con moito éxito no Reino Unido, máis sen estrea en España! Sen embargo, hai unha pelíclula adaptada en 1969 por Richard Attenborough

 

Man activo 16.1.07 00:17, comentar

Historia do brinde

Despois da promoción de brindis, nestas festas, convén que non vos pillen fora de xogo, e sin coñecementos de onde ven a historia das cousas.

 

 

Por iso e, sen consultar con petete, ala vai esta bonita e entretida historia, que sorprenderá de seguro a todos e todas. -mellor non bebades ata o final da historia-

 "bring dir's", do alemán; eu ofrezoche!. 

A orixe celébrase dende o século XVI, non podía ser menos posto que vivíase a época dourada das letras e das conquistas militares dos españois. Carlos V saquea unha cidade, (coma era costume militar) sen moito problema, máis a concencia lle treme, e pide a unha testemuña, contan que un crego, (era tamén costume militar e eclesial) que fora sen querer o paseo militar. Así, tomou unha copa, enchouna de viño, (recoméndase facer o mesmo na actualidade) e dixo "bring dir's", ou sexa; eu ofrezoche!

(un hostia de...comunión, que para iso estan os cregos no exército, e outro crego dixo anos máis tarde, que existía outra versión)

A outra versión atrasa a situación á época do gregos, e tiña que ver coa mostra de confianza que o anfitrión mostraba aos invitados, xa que así amosaba, que o viño era de confianza, e non servían veleno.

A estas alturas vos supoño enterado, que nesa época, era moi común asasinar á xente con veleno. (En non o lembro moito, porque mo contaron) Máis, aínda que o protocolo, aconsella non chocar as copas, isto ten un antecedente, xa que chocando e salpicando o contido das copas, mesturabase o viño, e polo tanto asegurabase a saude do contido nas copas.

Por último, se queredes levar a contraria, hai outra explicación:

Lembrades aos romanos e as súas bacanais orxias de sexo, comida, bebida...(eses si que montaban un bo nadal), pois o feito de levantar a copa e golpeala, viña polo efecto de chamar aos criados para que serviran máis.

Saude pois!

 

man activo 31.12.06 20:51, comentar

Este home é perigoso!

As cabezas que ten na man eran de inimigos. Din que matou a sete homes. Motivos: as mulleres

O traballo de reducir é do máis burdo, máis contan que son de admirar, polo tamaño dun ovo de galiña  

“...Nada atraía tanto aos indios, como as armas, rifles, escopetas...,  pois delo dependía a súa vida, xa que se unha tribu inimiga tiña armamento e eles non, e dado que as escaramuzas eran continuas, isto  significaría o fin. Por iso, facían este intercambio cuando entraban en guerra,  vendían o trocaban ás súas mulleres por rifles. E es aquí onde interven Graña.." Eu fago que mas entreguen a mín...e logo as devolvo, así é como se obtén a simpatía de todos eles e a confianza... deste xeito non hai as matanzas de antaño..."

Este home era perigoso, máis agora ten un dono, que obrigoulle a cortar o pelo e vestir pantalóns. Embora non garda sumisión ao seu dono; Alfonso Graña “El gallego” 

Así é como un galego... Alfonso Graña, reinou entre os xíbaros.

Existe un libro de Maximino Fernández Sendín, con documentos fotográficos e manuscritos do propio Graña, por si tedes interese en ampliar o coñecemento da fabulosa historia de Alfonso I, rei dos xíbaros.

 

man activo 18.12.06 10:45, comentar

Alfonso I, rei dos xíbaros

Aventurero e audaz, Alfonso Graña foi un de tantos galegos que emigraron na procura de fortuna. Pero a súa historia é de cine. Empezou como caucheiro en Iquitos -Perú- e cando morreu, en 1934, se convertira no rei Alfonso I e reinaba sobre 5.000 indios xíbaros do Amazonas .
Partiu analfabeto e aprendeu a ler e a escribir na selva, onde ninguén lía e escribía. As tribus xíbaras huambisa e aguaruna do alto Amazonas, coñecidas por guerrear sen pausa e reducir as cabezas dos sus inimigos (*), executaban suas ordes con respecto e certa reverencia, pois aquel home branco, inmune ás febres, ao veneno das tarántulas ou á furia dos rápidos, parecía ás veces inmortal.
Nunha casucha derruida da parroquia ourensán de Amiudal, pertecente ao Concello de Avión, terra de acaudalados emigrantes, hai unha lápida coa seguinte inscripción: “Casa natal de Alfonso Graña, rei dos xíbaros”.


Extracto dun completo artigo (e foto) publicado polo semanal do xornal El País

(*) A razón de reducir as cabezas ten moitas explicacións, máis sobresae que con elo, alcanzaban a alma das persoas.

Mondoxíbaro, cando coñeceu da historia, fartou de discutir a razón de tentar alcanzar a alma, non chegando a unha conclusión definitiva máis lonxe que, a de estar a ben cos deuses. (Como colectivo cultural, que saibas que mondoxíbaro, reducirá a túa alma para quedarse con ela. Esta ben que teñas coñecemento, para que decidas, non vaia a ser que mán veñan as autoridades sanitarias e fagan obrigatoria a inscripción nunha esquina da xanela da pantalla)

Alfonso Graña, namorou á filla do Rei, e con elo salvou a súa vida. O amor, que inicialmente lle salvou, sirviu para que os indios descubriran anos máis trade o cine, o sabor do xelados, o coche, etc. Esa razón de home feito a si mesmo, e facedor da comunidade, xunto coa característica de paisano galego, fixo que un día decidiramos facer Mondoxíbaro. Máis como conquistou o noso paisano a confianza dos indios, porque namorando á filla do rei non parece pasaporte seguro? Mañan volo contarei!

1 Comentar Okemos activo 18.12.06 00:03, comentar