Comer

Lughnasadh: festa do sol

Literalmente, Lughnasadh significa "xogos de Lugh". Lugh, o Deus celta do Sol, instaurou por vez primeira esta festividade para conmemorar a morte da súa nai adoptiva, Tailtiu ou Taillte, a cal, para paliar os efectos dunha mala colleita, talou coas súas propias mans un bosque enteiro a fin de convertilo  nun campo para a semente, morrendo finalmente de agotamento. En Irlanda as celebracións de Lughnasadh se coñecen tamen como Óenach Tailtenn o "xogos de Tailtu", sendo este un tempo para lembrar o seu sacrificio pola fertilidade da terra.

Hoxe, 1 de agosto, comeza o tempo de homenaxe á terra, simbolizado nas galaicas ubres de Gaia, cunha chea de festas gastrónomicas, honra de abundancia e gratitude pola colleita. Esta coartada de festas gastronómicas, baséase na esenza de amor á terra e aos seus froitos, así como no instinto primario de comer e beber, engadido/ou perfeccionado das festas relixiosas, encontros sociais tipo vodas, funerais,.... Tan perfeccionada esta a xustificación que, ata os americanos copiaron o sistema de paparotas. Aínda que había outra razón; Ao non ter un pasado histórico de mitos, lendas e demáis, fabricaron as festas gastronomicas como vávula de escape social e conmemorativa.

Duas horas especiais recollen este simbolismo e xustificación de gratificación ao sol; a primeira é as doce do mediodia, onde se interrumpía a sega ou as labores de recollida do froito para xantar no medio do campo, e a outra hora, son as doce da noite; coa presenza do brilo do sol sobre a lúa, onde despois da cea, ilumínase a estanza coas lapas purificadoras da augardente. Este rito coñecido como queimada, ten unha oración, que a fin de espallar coñecemento antes dos cagallóns e pararotas que se aveciñan, vos reproducimos como servizo público á unha respetabel tradición.

(Se algunha vez aprendiches "el padrenuestro" esquéceo, isto é máis productivo e protector)

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños, espíritos das neboadas veigas.
Corvos, píntegas e meigas: feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte; fuciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cus, muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas vasoiras, índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente quedando así purificadas.
E cando este beberaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada:
se é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiquí e agora, facede que os espíritos dos amigos que están fóra,
participen con nós desta Queimada
.
chuzar  | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

man activo 31.7.07 11:14, comentar

Brinde clásico (2)

Para a próxima proposta de brinde, convén ensaiar con algún amigo, e aínda que a última frase é coñecida, non todo o mundo sabe, toda a cerimonia por excesivamente longa. 

(Lendas:  - un/unha,  + outro/a/s)

-- Estamos todos?
+ Estamos.
- Cuan cabaleiros?
+ Cumprimos.
- e  ás mulleres?.
+ Amamos.
- Máis, ante todo?
+ Bebamos, bebamos, bebamos.
- Bebeu Adán.
+ Bebeu
- Bebeu Eva.
+ Nada, nin gota, xa que conducía.
- O que bebe?
+ Emborrachase.
- O que se emborracha?.
+ Durme.
- O que durme?.
+ Soña.
- O que soña?.
+ Non peca.
- O que non peca?.
+ Vai ao ceo.
- E posto que ao ceo vamos.
+ Bebamos, Bebamos, Bebamos.
- ¡Ah, líquido infernal!
+ Que xermolache entre verdes matas.
- e ata o home máis cabal?
+ Faslle andar a gatas.
- Por elas.
+ Polas máis belas.
- Polas de cu amplio.
+ Polas de pescozo estreito.
- Polas que ofrezen seus beizos sen interese.
+ Aínda que reborden teas de araña.
- polas mulleres?
+ Non. Polas botellas.
- Vino? 
+ Viño.
- e ¿para quen vino?.
+ Para todos, viño.
- e como ven?
+ En bota.
- e a muller.
+ En viva pelota.
- Si Deus borrachos nós ten
+ Será porque nós convén.
- Antes de coñecernos.
+ Bebíamos.
- Y agora?
+ Bebemos.
* Pois bebamos, bebamos, bebamos ata que non nos coñezamos.
-Cando Deus chamou a Gabino. Non dixo Gabino ven.
+ Senón veña vino.
Todos (-/+) Arriba, abaixo, ao centro e adentro.

gregorico activo 31.12.06 20:50, comentar

García: estas convidado a un Xelado!

Si señores e señoras, nunha promoción deste blog pola cara e sen igual, García estas convidado a un xelado. Eso sí, si te apelidas García, acreditado mediante DNI. Soamente tes que dicir, Ola, son ... García, descendente indirecto do rei dos Xíbaro, Mondoxíbaro! (esto último en forma de aturuxo, tipo carballeira).

ein! onde?

Na xeladería Ben & Jerry, situado no Centro comercial Pontevella en Ourense, Av. Ribeira Sacra 50. Non hai máis franquicias en Galicia, sinto polo resto e tampouco hai tanto presuposto.

Cando?

Soamente o día 28 de setembro.

Facendo contas, poden ler esto unhas 100 persoas, poñamos por caso desta hora ata mañan. García cantos poden ser? 5, 6 non hai problema e de perdidos ao río, que esta cerca.

E porque García?

Pois se queres algunha razón, en homenaxe a Jerry García guitarrista dos Grateful Dead. Así que xa sabes, podía ser peor e escoller Jagger en homenaxe aos Rolling.

 

1 Comentar Mondoxíbaro activo 28.9.06 01:17, comentar

O té, máis saudable que beber auga

Sempre escoitamos que beber moita auga é boa para a saúde. Agora, un grupo de científicos asegura que beber té é incluso máis saudable que beber auga.

Unha investigación publicada pola Revista Europea de Nutrición Clínica, non só contradí o mito de que o té deshidrata senón que, polo contrario, dí que hidrata, e ademáis de protexer contra as enfermidades coronarias e algunhas formas de cáncer.

Os expertos creen que os flavonoides que conteñen as follas de té, constitúen o ingredente clave. Istos antioxidantes polifenólicos -que tamén atópanse en moitas plantas e outros alimentos- contribúen a previr o deterioro das células.

Fonte: BBC

O té (thea sinensis) é unha planta perenne da familia das camelias. Os botánicos identifican tres variedades íntimamente relacionadas (o té da China, o de Assam e de Camboia), todas elas utilizadas na producción comercial.

Camellia Sinensis, o arbusto da China, pode alcanzar unha altura máxima de 2,5 a 4,5 metros, e crece na china, no Tíbet e no Xapón. Soporta temperaturas moi frías e pode producir follas, de 5 centímetros, durante 100 años. Camellia assamica considérase mais ben un árbore, pois crece ata os 13 ou 18 metros, con follas dunha lonxitude de 15 a 35 centímetros. Cultívase en climas tropicais e ten unha vida productiva dunhos corenta anos. A variedade de Camboia, Camellia assamica subespecies lasiocalyx, é tamén un árbore que alcanza os 4,5 metros e que se usa principalmente na producción de híbridos.

A planta produce follas coriáceas, brilantes, de cor verde escuro e pequenas flores blancas e delicadas dunhos 2,5 centímetros de diámetro con 5 a 7 pétalos moi similares ós da flor do xazmín. Éstas producen un froito parecido á noce moscada que contén de 1 a 3 xérmolos. As plantas de té desenvólvense mellor na zonas cálidas e húmidas. Os climas mais axeitados presentan temperaturas de entre 10 e 30 graos centígrados, unha pluviosidade anual de 2.000 a 2.250 mm, e unha altitude de 300 a 2.000 metros sobre o nivel do mar. A combinación de altitude e humidade favorece o lento crecemento desexado; ademais, a calidade do té é mellor e o seu sabor mais intenso si se cultiva a maior altitude. Moitos dos tés mais famosos do mundo (tés das terras altas de Cailán, Weyi de China, os mellores Darjeelings da India) proceden de arbustos cultivados por encima dos 1.200 metros.

A calidade final do producto depende de factores como o clima, o chan, a altitude, os procesos de recolección e procesamento, envasado, transporte e almacenamento.

A Química do Té: As follas de Camellia sinensis, contén varios elementos químicos (incluindo aminoácidos, hidratos de carbono, iones minerais, cafeína e polifenois) que aportan o té a súa cor e aroma característicos. Asimesmo, contén un 75-80 % de auga que, durante as primeiras fases do murchamento no proceso de elaboración, redúcese o 60-70 %. Durante a fase de fermentación (ou oxidación) do té negro e Oolong, os flavonois polifenólicos (o catequinas) reaccionan co osíxeno do ar para dar lugar a cor e sabor único da infusión.

O proceso de desecación (ou secado) desactiva a enzima que provoca a oxidación á vez que reduce o contido en augua a un 3%.

O aroma do té negro é sumamente complexo. Ata a data identificarónse mais de 550 sustancias químicas, incluindo hidratos de carbono, alcoles e ácidos. A maioría formanse durante o proceso de elaboración e cada unha aporta a súas propiedades ó sabor do té a través do sentido do olfato da persoa que o bebe. Sen embargo, o sabor debese principalmente ós diferentes compostos polifenólicos (coñecidos popularmente, máis de xeito incorrecto como taninos) modificados pola cafeína.

A cafeína é unho dos compoñentes mais importantes do té e actúa como estimulante suave que aumenta a actividade gástrica. Tódolos tipos de té conteñen cafeína, pero en diferentes proporcións. O té verde ten menos que o Oolong, e éste menos que o negro. Polo tanto, os que queiran reducir o consumo de cafeína deberían optar polas infusións mais claras e lixeiras de tés Oolong ou verdes. Facer notar que o corpo absorbe rápidamente a cafeína do café, o que provoca un incremento inmediato da circulación sanguínea e da actividade cardiovascular. En cambio, se cree que os polifenoles do té ralentizan o ritmo de absorción. Os efectos da cafeína notánse mais lentamente, pero son mais duraderos, polo que o té é moito mais revitalizante que o café.

Outro día, os falamos dunha das tendas con encanto, isto vai porque escribindo esta historia, lembro unha pequena tenda en Ourense, creo que está situada ao carón do concello, na rúa Triunfo,   o nome da tenda e máis doado, tenda cha (non teñen páxina web ainda, senón poríamos o ligazón). Ademáis de servir un bo té, café e agasallos relacionados, a atención ao cliente é de matrícula de honra. A magóa é que só estan en Ourense...

chuza esta historia

Mondoxíbaro activo 28.8.06 19:46, comentar

O Fogar de Santiso

O Fogar do Santiso non é un restaurante clasificable, é toda unha experiencia que se atopa no medio dun bosque en Trasellas (Teo ) a unhos 10 kilómetros ao sur de Santiago. Empezoú a sua andaina o 11 de maio do 96 nun recuncho, entre vellos muiños, cuadras e a "fonte da revolución antisimétrica". Ao principiar foi un merendeiro situado no medio de ningún sitio, entre piñeiros, carballos e castiñeiros, ao que se chega despois de andar por diferentes estradas e pistas forestais ata un bosque nun lugar onde non vive ninguén, e que moi preto de alí, podes atopar a mamóa de Trasellas (tumba prehistórica do período megalítico, duns 3.000 anos antes de Cristo). Inicialmente era unha especie de barracón de madeira no que servían o normal destos sitios en Galicia: churrasco (fundamentalmente de porco), chourizos criollos, polbo á feira, tortilla e pouco máis, pero debido ao caracter do Xosé Santiso, o dono, e ao peculiar sitio, a cousa foi crecendo.



 
Hoxe é todo un emporio surrealista. Sigue alí, no medio do monte, no medio de ningures, ao carón dunha estrada sen iluminar que atravesa un fermoso monte de piñeiros. Pero, de súpeto, ao virar nunha curva, te atopas cun aparcacoches que dirixen o tráfico con chalecos reflectantes e que che indican o aparcadoiro (dunha extensión dun par de campos de fútbol ao menos). Dende aquí, camiñando pola erba (ou polo barro, depende de cando vaias), atravesas galpóns, cuadras e cobertizos que se foron engadindo á construcción orixinal, que continúa coas suas paredes de tablóns de madeira sen pulir, con a suas telarañas nas esquinas e coa luz escasa dunhas cantas bombillas de pouca potencia.

Aqui radica parte do seu éxito, pois a vez que tiveron que limpar todas as telarañas -pola visita de sanidade- xa non era o mesmo. Tes a sensación de que estas a comer nun cobertizo, do mesmo xeito que o facían os teus antergos, sen adornos, con todas as suas virtudes e seus defectos.

O ambiente é acorde coa decoración. A xente ven aquí en grupos a celebrar o que sexa e a pasalo ben, poderás revivir antigas tradicións galegas a través das súas festas e celebracións. Se queres cantar, cantas, se queres berrar, berras, se queres subirte aos bancos e brincar, fáino -baixo a túa responsabilidade-. O límite é non molestar aos demáis.
 

 
A comida é sinxela é abundante, que parte de Galicia non é así?, así poderás degustar o típico churrasco, ensalada, criollos, tortillas, polbo, empanada... e pouco máis. Todo regado co viño de Barrantes, o que che deixa os dentes teñidos de morado, e para comer todo eso utilizas palillos -a rancho, non hai pratos- e servilletas de papel (o de os cubertos é pouco frecuente, agás para a ensalada). Os postres son caseiros: filloas (crepes), tarta de Lestedo, xelados artesáns... etc.

Os fins de semana, de súpeto che aparece o Bruxo (Santiso, o dono) ataviado cunha especie de túnica de sábas e escoltado por dous camareiros, tamén cunha túnica-sába, que tocan a gaita. Lentamente van atravesando os distintos galpóns ata que chegan a un lugar onde teñen preparado todo para facer o esconxuro da queimada, un rito máis turístico que tradicional, que acompañan con gaitas, berros e salmos e outros recursos polo estilo.

Agora depende de tí, se queres coñecer un recuncho enxebre no Concello de Teo, onde a historia parece estar viva, ven visitalo "Fogar do Santiso" en Trasellas-Luou-Teo, toda unha experiencia, ao menos unha vez, ainda que che aseguro que o que vai repite, e non me preguntes a razón.
 
Como chegar:
 
Desde Santiago de Compostela, diríxete cara a Padrón pola N-550, atravesas Milladoiro e chegas ata Casalonga, onde torces a esquerda cara a Luou.
Ao chegar a Luou no cruzamento ao carón da igrexa cara a Pontevea e volves coller outra bifurcación a dereita cara a Trasellas, ali agochado entra a maleza a man dereita, se atopa o Fogar do Santiso.
 

1 Comentar Mondoxíbaro activo 26.7.06 00:22, comentar