Perdurable

Estamos vendidos

Curiosa sensación que soportamos estos días. Temos a completa seguridade que se esta a cometer un atraco, e non somos capaces de vomitar unha indignada reacción na rúa. A nós, que se nos acusou de mudar un posible goberno en 48 horas, non somos capaces del "pásao" para organizarnos contra o canon.

Si polo menos isto, fora a adaptación sensata, previsible,e fria do noso voto primaveral, estaría contento.
 

 
Pola nosa parte, dicir NON AO CANON, é dicir non a un feudalismo acusatorio dunha empresa privada.
 
 
 

3 Comentarios Mondoxibaro activo 3.3.08 16:52, comentar

Contentos

Contento. Por formar parte dunha sociedade.
Contento...por escoitar a esa sociedade nunha manifestación contra ETA...maricón! Contento por formar parte dunha sociedade de misa dominical, penúltimos en educación, sen saber case ler, nin ter intención de ler máis. Do mesmo xeito, contento, porque somos os europeos menos interesados na información política; porque nos interesan máis os cotilleos e temas lixeiros con nos gratifican desde a televisión pública a maioria das televisións privadas. Contentísimo, porque pechan cines, e porque a xente vai menos aos teatros. Tamén, porque a xente compra menos música, claro que non me estrana aos prezos que van e os soldos que se estilan.
Por último estou moi contento coa burbulla inmobiliaria, os soldos míseros, a oposición de rajoy...a corrupción municipal,e sobre todo de eses señores e señoras que amosan cada día, que a transición, -ese perdón duns aos outros- non serviu para nada porque era pura patraña.
 

1 Comentar Mondoxibaro activo 3.3.08 16:31, comentar

Un pouco de publicidade pero con Autocontrol!

Podes ver a nosa autopublicidade ou crear a túa propia en dylanmessaging.com, disfruta e comparte

non sei por que non funciona as veces a película flash polo que
si ves os cartaces en branco, pincha na ligazón

Comparte este post

 

 

Okemos activo 10.10.07 20:17, comentar

Unha loita noble

Un día calquera, fai moito tempo, uns alumnos dun colexio en Straford on Avon, (Condado de Warwicks,Inglaterra) embestían, chocaban, caían, poñianse en pé, dabanse patadas por debaixo dos xeonllos e loitaban por conquerir unha pelota .

Daquela un deses xogadores, chámabase Willian Webb Ellis e cando recibiu a pelota, a colleu entre as mans, apretouna fortemente contra o seu peito e correu velozmente cara a meta rival.

Pasada a sorpresa incial pola transgresión evidente para aqueles rapaces acostumados ao futbol que non só non protestaron,senón que imitaron entusiasmados un novo deporte; o rugby.

Tal como son os Ingleses, fachedaron tal fazaña cunha lápida no sitio e lugar que di: "Esta lápida conmemora a fazaña de William Webb Ellis, quen facendo gala dunha gran desenvoltura cara as reglas do fútbol que en aqueles tempos se xogaba, correu por primeira vez coa pelota entre as mans, dando asi orixe ao feito diferencial do xogo do rugby .A.D. 1823".


Indudabelmente, a pesar dos nosos eidos diferenciais, aqui ninguén poñería unha lousa en memoria de ninguén, a non ser que sexa dictador ou golpista, mais esa é outra leria.

Pasados os anos, o rugby ten ademáis unha cerimonia particular que ennoblece o espiritu competitivo. Regulamentariamente, son 15 xogadores de cada bando e duas partes de 40 minutos, máis existe unha chamada " terceira parte", non visible para os espectadores asobaidos da dureza e fortaleza con que os deportistas pelexan polo "melón" sen apenas discutir as decisións arbitrais. Nesa terceira parte, os dous equipos comparten pintas de cervexa no Pub ou comida.

Apapanados polo fútbol mediático, non temos máis posibilidades de ver o mundial que se esta a desenvolver en Francia, a non ser que teñas a canle de satélite dixital (Dixital+) ou cable (en Galiza R).

(Recomendo para o fin de semana, ver Australia-Inglaterra, porque seguro que vai ser un partido vibrante)

 

 

 

 

1 Comentar Man activo 5.10.07 11:32, comentar

Ideloxía ou Economía?

Non vou comentar nada desta vez, deixo os comentarios abertos para que me digades vos que pensades. Soamente escoitade o comentario de Iñaki Gabilondo do día 19 de setembro deste ano ao abrir o telexornal do serán... soamente che pedimos comentarios relativos ao título deste post e por favor deixa de lado calquera proselitismo por unha u outra ideloxía. Pola miña banda o comentario de Iñaki Gabilondo pareceme certo, será que me estou volvendo un progre de esquerdas?

 video: you tube


chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 

Por certo, un  especial informativo sobre a Educación pola Cidadanía, botano
o venres 5 de Outubro (2007), penso que é moi recomendable o seu visionado

3 Comentarios Okemos activo 3.10.07 18:38, comentar

Progamas basura

Non sei como podemos adicar unhas liñas con este tipo de comentarios, pero tampouco explicamónos como pode haber xente que siga este tipo de progamas. Si alguén ten que levar o premio ao maior progama deste tipo, sería A NORIA de telecinco. Un amigo traballa nese progama (non dicimos o nome para salvagardar a súa integridade) xa nos avisara da "calidade" pero, nunca nos imaxinamos ata onde pode chegar a depravación deste tipo de progamas mal chamados rosa (este é de fígado).

Como dí o presentador dun execelente progama da competencia (A Sexta - Sé o que fixeche...) que critica os despropósitos deste gremio son unhos fillos de puta e con perdón das súas nais que seguro non teñen a culpa.

video you tube

 

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar Nube verde activo 2.10.07 17:05, comentar

A Ría é nosa e non de Reganosa!!!

VEMONOS ALI!

MANIFESTAMOS o total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol. Unha planta de gas que Reganosa está construíndo –sen ter acreditado que cumpre coa lexislación vixente– nas proximidades de núcleos de poboación que suman máis de 100.000 habitantes, cuxa vida quedaría ameazada en caso de entrar en funcionamento. Igualmente, a súa presenza suporía un risco permanente, xunto ó engadido polo complexo petroquímico chamado “Forestal del Atlántico S.A.” e a entrada de buques gaseiros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do arsenal naval militar.

Igualmente, no caso de entrar en funcionamento, Reganosa ameazaría a riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores. Así mesmo, seria un grave obstáculo para a declaración de Patrimonio da Humanidade, proposta para os castelos e arsenais, ademas de provocar perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.

Os abaixo asinantes denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na autorización da súa construción, en canto a distancias de seguridade respecto das poboacións próximas e para unha saída de urxencia dos buques gaseiros, co cal non estarían salvagardadas nin as persoas nin os seus bens.

Por todo isto, manifestamos:

  1. O nosa petición de que sexan retiradas tódalas denuncias que afectan ós traballadores do mar, na Ría de Ferrol, implicados neste proceso da súa defensa e en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa.

  2. O noso total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado no interior da Ría de Ferrol. Asimesmo, solicitamos ó goberno da Xunta de Galicia que recupere o Porto Exterior como espacio axeitado para a instalación da Planta de gas, prevista nese lugar dende o ano 1994.

  3. O noso apoio á manifestación que terá lugar en Ferrol o próximo día 30 de setembro, en protesta pola existencia dunha planta de gas nun lugar totalmente inadecuado e a nosa solicitude ás autoridades competentes de que non aproben a acta de explotación comercial ou de funcionamento definitivo de Reganosa, do mesmo modo que pedimos a reconversión do complexo petroquímico de Punta Promontoiro, por ameazar a vida da poboación e a riqueza marisqueira da Ría.




chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar Okemos activo 27.9.07 18:14, comentar

As mellores xogadas de Rugby

Non sei se o título é exacto, pero si unhas das 10 mellores xogadas. Procuraba videos sobre os últimos partidos da IRB Rugby World Cup que estáse a celebrar en Francia, pero coido que é moi cedo para atopalos en You tube.

Ainda que non che goste o Rugby, estas xogadas, poidan que chaman a túa atención. Engancheime ao rugby cas retrasmisións de Ramón Trecet para TVE do 5 nacións daquela e por iso abonamei, daquela tamén cando chegaron as privadas a Ourense (por aquel tempo, traballaba nesa cidade) e que partidos os de Gales contra Inglaterra, ou contra Irlanda...

O último partido que vin foi vendo xogar a un gran equipo, dos partidos que fan afición, Georgia contra Italia, que anda que perdeu Georgia, o día de mañan é posible que se empeza a falar deles como unha gran potenzia!

video: you tube

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

MondoLirondo activo 24.9.07 12:27, comentar

Necesitamos dun pequeno paso cara a meta

Día Internacional da Paz

Hoxe (por o día 21 de setembro) celebrase en todo o mundo o Día Internacional da Paz. O proxecto Peace One Day (Paz por un día) escomezou sendo unha visión dun home, o cineasta británico Jeremy Gilley, que aspiraba a promocionar a idea do que podería declararse un alto o fogo ao menos un día do año...

A veces resulta imprescindible soñar, imaxinar proxectos ­alguns dirán utópicos querendo dicir imposibles­ para sair das dinámicas negativas, sociais ou individuais, que parecen condear a perpetuidade os conflitos.

Jeremy Gilley obtivo o apoio activo de gobernos, axencias da ONU, organizacións intergobernamentais, ONG, premios Nobel da Paz, entidades relixiosas, corporacións, universidades, escolas, personalidades clave e xoves. O sete de setembro do 2001, Peace One Day conseguiu seu obxetivo principal: que todolos estados membros da ONU adoptaran a resolución da Asamblea Xeral das Nacións Unidas (A/Res/55/282) con efecto a partires do ano 2002, se observe o Día Internacional da Paz, o 21 de setembro de cada ano. Declara tamén, que o Día Internacional da Paz se observara en adiante como un día de cesación do fogo e de non violencia a nivel mundial, a fin de que todalas nacións e pobos se sintan motivados para cumprir unha cesacion de hostilidades perante todo ese día.

O longametraxe documental “Peace One Day” convertiúse nunha poderosa ferramenta de concienciación. Nestos momentos, Jeremy Gilley está producindo a segunda parte de “Peace One Day” en colaboura coa BBC e Passion Pictures, un film centrado na aplicación práctica do Día da Paz.

Todos e cada un de nós, temos a nosa capacidade de acción, noso potencial pacificador, as nosas ideas, nosos desexos de paz. Que o día de hoxe sirva para tomar conciencia de que unha soa persoa pode mudar a realidade. Non o restrixamos ao conflitos armados, expandamos esa capacidade para esixir xustiza, igualdade e solidaridade. Depende de nós!

 

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar Okemos activo 21.9.07 09:24, comentar

Auga

Este venres (14 de setembro 2007), no teatro principal de Santiago as 10 da noite, estreáse a curta Auga, con entrada de balde e que sabe se pinchos e viños ao rematar (non só vamos poñer as convocatorias que teñen catering) ben pensado é mellor tomalos ao final, pois a historia vai de medo e poida que foran feitos que ben poideran ter acontecido.
 

O dito quedades convidados, si estades por Santiago.

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

Nube verde activo 13.9.07 13:41, comentar

Desprezo

Que a clase política é quizais o colectivo menos creíble e aborrecible socialmente, non só polos méritos que eles fan xa por sí mesmos -non tedes máis que repasar os maiores escándalos de corrupción nestes últimos anos- senón que ademáis son manipuladores e torticeiros.

Chama a atención, soamente citaremos os de está ultima semana, que ao Acebes, lle dea por mudar de estratexia -agora que pintan vacas flacas para economía- despois de estar toda a lexislatura predecindo a desmenbración de España e a negación de negociación cos terroristas (xa que segundo eles tampouco o fixeron) e xa non entramos na teoría conspiratoria. Agora di que Zapatero (non Solbes que o ministro de Economía) dilapidou estes anos de bonanza, ademáis de acordarse dos cidadáns -agora que se aproximan as eleccións- por que non temos para mercar unha vivenda.

Sobre este punto, a Xunta de Andalucía ven de aprobar o dereito a unha vivenda para todo/as nese territorio.

As promesas deste tipo, sabendo nos, sin ser profesionais de Economía, que son imposibles de cumprir -excepto que dispoñas dunha inxente financiación- do que dúbidamos que se posúa, axuda a dar crédito a esta clase política.

A palla no noso ollo a temos no ínclito Antón Losada, que procuraba o benestar dos da súa clase e non dos que dicía servir, os cidadáns.

O pior de todo esto é que cunde o desánimo na poboación por este sistema, que ao mellor inxustamente pensamos que esta podrido.

A quen vas ir votar, se todos son o mesmo? de que sirviu mudar o goberno do PP na Xunta de Galicia, por exemplo, se seguen a manter as herdanzas caciquís da anterior Xunta?

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

Okemos activo 8.9.07 12:39, comentar

Malditas tradicións

Esta semana teño tarefas de máis; -Teño un amigo que se casa o vindeiro sábado. Ou sexa, aparte de ter que buscar algún atuendo formal, teño que procurar un par de textos para encher a cerimonia civil, gravar a voda en video, e preparar a música para a festa posterior. Esta última tarefa é a máis adsequibel e bendita de todas as ocupacións, posto que por fin, se vai a escoitar a música ao meu gosto. Non é fácil, posto que recibo algunha presión para que poña, algo de "andaluzadas", dado que a moza é Xerezana. Supoño que todos ou case todos, temos claro que a mestura de culturas e tradicións enriquécenos. Ben, talvez, as tradicións, sexan discutibeis e, dado que para a parella amiga comenza unha etapa de cambios, relato algunha idea do estranxeiro, -que funciona- por si, por simple ignorancia non se aplica, sendo unha mágoa, polas vantaxes evidentes.

Os "kipsigis" son unha das moitas tribus que viven en Kenia. Son polígamos, perfectos e intelixentes. A vida en común non esta ben vista, polo que cada "membro da familia" non molesta aos demáis.  Cada esposa ten un fogar, do mesmo xeito que o esposo a súa. O tempo de visitas se reparte de xeito equitativo sen tensións e malos rollos.

Senón tiveramos a opresión dos curas, esta tradición sería nosa, por canto a orixe da humanidade esta en África.

Canto tardaremos en recuperar esta bendita tradición e desterrar as impostas? 

chuzar  | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 

man activo 7.8.07 10:53, comentar

Quero outro blog

O futuro xa esta aqui, ou sexa aquel que pensei onte, seguro que xa chegou. Hoxe quero algo simple; que o servidor de -myblog- funcione!


Sera moito pedir? (a cambio do meu traballo gratis, para que os donos disto, se forren cos anuncios)

man activo 30.6.07 14:42, comentar

Evolución das cousas

Se a teoría de a evolución fora certa, os gatos xa serían capaces de manexar un abrelatas" (Walter Matthau, 1920-2000, actor estadounidense)...e supoño que nun momento dado; v(b)otar nas eleccións

O filósofo e esclavo grecolatino Epicteto, un dos máis representativos estoicos, intentaba levar á práctica a súa filosofía de infinita paciencia e incomparable templanza, - resumida coa palabra "resígnate" -.

Ata tal extremo chegaba cos seus ideais que, un día mentras era torturado polo seu amo, Epicteto cunha perna a punto de quebrar o avisa, moi amablemente, que si seguía retorcéndolle, non sería de extrañar que selle acabara rompendo.

Como o seu amo non lle fixo caso ocurriu o desenlace anunciado e a perna quebrou. Epicteto, impertérrito dille ao seu amo: "Xa volo dixen".

Supoño que hoxe haberá moitos que repitan o mesmo, mais, cales son as razóns para que o PP siga "presionando a perna" en Lobeira, Toén ou Gondomar? Sen auga en verán para os veciños (Lobeira), alcantarillado (Toén) ou cobrando comisións (Gondomar)?

Casualidades da vida; hai un gran censo de gatos nestes tres municipios, que a monte viven, asilvestrados e sen cualidades de evolución. Será iso.

Para mantener unha verdadeira perspectiva do que valemos, todos/as deberíamos ter un can que nos adore e un gato que nos ignore.

chuza esta historia | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

Man activo 28.5.07 11:13, comentar

Lapidario de actualidade

Papa, papa, todos os contos empezan con "érase unha vez"...?

Non fillo non! algúns empezan con ..."se o meu partido gaña as eleccións..."

chuza esta historia | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

Man activo 21.5.07 18:03, comentar

17 Maio

O 1 de decembro, celebráse en Ourense, en lembranza da obra de Eduardo Blanco Amor "A Esmorga" un acto institucional que consiste básicamente en percorrer -por onde se desenvolve a acción- o roteiro por unhas placas conmemorativas e ler o paragráfo ao que fai referencia a novela, que se desenvolveu nese sitio.

Dende dous anos polo serán, outro acto máis festivo, por todo tipo de xentes e culturas, recreánse na novela -sen chegar a queimar o Pazo dos Andrade, pero sí a visita aos bares e sitios que ainda quedan en pé, incluso algún vai co gallo da prosa de Blanco Amor, ás casas de lenocinio e pracer.


Hoxe, celebráse en Galiza o día das letras Galegas (e en todo o estado o día de internet) adicado nesta ocasión a María Mariño Carou (1907-1967) e o debate recursivo é si ten que ser festivo ou non.

A mín particularmente dame igual, penso que o feito de selo, non vai facer que a xente se exprese máis en galego, ou mercar máis libros na nosa lingua. De feito o día internacional do libro (23 de abril) non é festivo e por ese feito non se vende máis libros ou se fala mellor o castelán.

A atención -particular- deste día a merece o artigo da conselleira de Cultura e Xuventude Ánxela Bugallo no xornal EL PAÍS, despois de re-leelo, non podo por menos que dicir, Sra. Conselleira é vostede a que ten a man para mudar todos os desacougos da cultura neste país; parece que vostede é a oposición e non a conselleira.

"O teatro e o audiovisual merecen máis público..."

Pois si o merecen, preguntólle: 

  • Por que se permite o peche da sala Yago?...

 

"Converter os desafíos en realidades..." a mália de todo esto é que levamos 2 anos perdidos, e a falta de cartos -que consume a cidade da cultura- artella precisamente un movemento en contra de dito despilfarro, cando o único que consigue a casa da cultura e biblioteca de Ourense neste tempo foi un lavado de cara, unha mao de pintura.

Xa vai sendo de cheirar a realidade e deixarse de estudos, desafíos e valoracións... pois moito me temo que cando se chegue o momento de avaliar o que se fixo -ao menos en Ourense- vai ser que o cor crema quedaballe moito mellor que a cor branca nas paredes!


Ás veces as celebracións populares e lúdicas teñen máis predicamento cas oficiais, porén estar a carón da realidade, alléas aos sillóns de coiro e coches oficiais e bolsos de Loius Vitton.


P.D: Non temos ligazón para o artigo do xornal EL PAÍS, pois foi publicado no suplemento de LUCES, que non é publicado en internet. Pedimoslle autorización, hoxe ao xornal para reproducir dito artigo; si tiveramos resposta positiva, teredes neste post unha ligazón a dito artigo.

chuza esta historia | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

2 Comentarios MondoLirondo activo 17.5.07 21:35, comentar

Canon SGAE

Imaxe Canon SGAE vía Fresqui


chuza esta historia | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

Nube verde activo 1.5.07 18:27, comentar

Cofradía de Avilés

Video ilustrativo de como as gastan, algunhas das procesións de semana santa. O mellor: os comentarios (aparte do video). Para o vindeiro ano, collemos e lle copiamos o baile!

video: you tube


 

chuza esta historia | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

demetrio activo 24.4.07 02:19, comentar

14 de abril

Convocatorias para hoxe


Deseño e cortesía de Ana Juan

Man activo 14.4.07 14:37, comentar

Tempos

Neste tempo, no que deberíades piar por vosos e nosos pecados, nesta semana de reflexión e devoción, de esmorga e pasión, o mundo maldicente danos novas coma esta:

TRES ANOS DE CÁRCERE POR FODER NUNHA OVELLA (que era súa) 

Un alemán de 44 anos que decidiu meterlle un ferrete a unha ovella diante das cámaras de circuíto interno da súa propia granxa, pasará tres anos no cárcere. Pero ollo, por foder con ela, e non por difundir despois os vídeos. Non quero nin pensar o que lle caería por foder nas ovellas do veciño... O argumento do xuíz é que estaba abusando da ovella. Supoño que o xuíz pucharía de ovelleiro para os interrogatorios (Fonte: Reuters)

A ALCADESA TRÁNSFUGA SUSANA VÁZQUEZ LIDERA AS LISTAS DO PP EN PORQUEIRA (Fonte: La Región)

LE PEN RECOMENDA A MASTURBACIÓN ÁS MULLERES (Fonte: El País)

Hai outras novas, pero desas xa te entereras por outros medios, non si? 

 

1 Comentar Nube verde activo 7.4.07 19:52, comentar