Arquivos

A túa sinatura é máis importante do que ti pensas!

Que as campañas de Amnistía Internacional son espectaculares, non o dicimos nós, o dín os profesionais do sector que se adican a elo. O mérito ademáis que ditas campañas son feitas de balde polas empresas anunciadoras (é un xeito tamén de acadar certo prestixio), é dicir, que non reciben ningún peso polo seu traballo e involucránse nestes traballos, por exemplo,  Goran Bregovich, Kusturica ou Bruce Springsteen (que por certo toca en España o 25 e 26 de Novembro).

Nesta ocasión os amosamos o derradeiro spot comercial (feito orixinalmente para Amnistía-Sección Francesa) cunha animación soberbia e unha música hipnotizante. É unha peza de 2 minutos que senón posues banda ancha, o que te aconsellamos velo todo de golpe -sen cortes- o mellor e que premes o botón de pausa e espera a cargalo.


video you tube

Esta peza esta realizada por Philippe Grammaticopoulos e baixo a dirección artístíca de Stephanie Thomasson e Stephane Gaubert para axencia TBWAPARIS, e obtiveron o Lión de ouro e prata en Cannes 2007. Cunha animacion sinxela e unha estética sen concesións para acadar transmitir con éxito un mensaxe claro ao público, a importancia da sinatura, como metáfora e paradigma da vontade de intervención persoal. A outra peza tamén nunhos segundos de dramático metraxe, para transmitir a mesma mensaxe
 

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 

1 Comentar Okemos activo 11.9.07 01:39, comentar

Inés [1 día] Mondoxíbaro [1 ano]

Faltando pouco para cumprir un ano desta bitácora, temos o pracer de informaros a chegada, do que seguro sexa para o vindeiro unha nova lectora deste blog, e que nos e vos o vexades... estou a falaros de Inés, que hoxe cumpre 1 día!


Felicidades papás!

Comparte esta nova

5 Comentarios MondoLirondo activo 10.6.07 01:28, comentar

Afrodita onde estas?

Aínda que por culpa do espazo non podemos poñer todo o episodio, ala vai o final que nos furtaron cando eramos uns crios; o final de Mazinger Z! (Xa sei que os cataláns son uns afortunados e o viron gracias á súa tv., máis aqui parece improbabel)

Como non hai dous sen tres, e dada a derrota de Mazinger, os guionistas decidiron artellar unha resurreción...e así sacaron o Gran Mazinger.

Que tempos non!

 

Lembrades aquelo de puños fora! Nin con esas andábamos a hostias, si vale, había moita coña coa frase de Afrodita (Peitos fora), máis creo que co tempo podo afirmar que, nin adquirín métodos violentos nin machistas, nin nada das patrañas que algúns salvainfancias adoita teorizar. Creo que "Sin Chan" fixo moito máis polo idioma galego, que calquera das eivas que lle acusan de fornecer aos infantes galaicos. Gosto da animación, tanto en cine como en papel, e non podo entender, que estando, como estamos tan baixos nos índices de letura ou recuperación do galego, se desboten oportunidades en aras de empobrecer as posibilidades. Porque señores e señoras, cantas protestas escoitan, por ver aos rapaces ollando  á Zaldivar  en "A tu lado" ou "Gran Hermano"? Ou ninguén pensa que moitos rapaces saíran idiotizados e mintindo como bellacos, porque é rentabel e ademáis temos máquinas para saber si din a verdade ou non?

Dragon Ball, foi ao igual que Mazinger, acusados de violentos, máis semella que o único que pode destrozar a personalidade dun rapaz é un debuxo, entón que poñan Heidi todo o tempo, non? (Marco, non, que senón poden sair choróns) -Quizais son inxusto, porque na galega botan ao rapaz detective, que non esta mal, máis que queren que lles diga, prefería a Sin Chan en Galego.

En calquera caso, noso homenaxe a tempos pasados do Mazinger, e dado que hai referencias moi boas na rede, poñovos unha dun seguidor do Mazinger ben documentado.

Tamén existe unha de xaponeses!

Ao fio da frase: Peitos fora, que dicía Afrodita, hai ultimamente unha moda importada do Reino Unido, no que as mozas, e non tan mozas, sacan os peitos ao ar. (Sobre todo cando levan máis de duas copas a bordo) Será unha bendita influenza de Afrodita?

man activo 1.12.06 20:03, comentar

Metedura de pata, cadeira brazo e pescozo!

Vamos ver, xente e para xeral conocemento, a terra completa (incluídos oceános, ten 510 millóns de Km2), pero no xornal do MUNDO , dice que arderon no Brasil 615.000 Km2 que son 1200 veces a superficie da terra. Noraboa, que xa non é primeira vez que pillamos ao xornal O Mundo.


Como non vamos ter calentamento do planeta!

1 Comentar Mondoxíbaro activo 24.7.06 16:58, comentar