Festas

Xenreiras do nadal

Moitos, cos anos, odian o nadal. Non é nada anormal botar de menos a alguén ou simplemente estar farto das colas e ondas vacuas de sentimentos de felicidade que lle invade a casi todo o mundo. (Unha ollada a moitos blogues, e combrobas canto desexo reprimido)

Hoxe veu un dos meus xefes a chocar a man e darche as pascuas, e aproveitei en medio do sorriso e peloteo de todo o mundo para botarlle en cara o changarro onde traballamos e a friaxe que pasamos. Normal, non? - si hoxe me desexas felicidade, que sexa polo menos para todo o ano, nunha terceira parte onde paso a miña vida.

Esta claro que non escriberei aos reis magos, nin ao papa noel, é máis, tentame contar quenes son realmente eses individuos para aqueles de vós que teñades un espiritu de nadal avantaxado. De momento deixovos o segredo do que fai coas cartas recibidas.

Comede,bebede e fornicade ata fartar! Ah! lembrade, hoxe din que é o día do orgasmo planetario,(xa comentado aqui) así que, polo menos que caia unha palliña para quen non teña con quen!

 

 

man activo 22.12.06 15:03, comentar

Fin de semana: Propostas

David Rubín, presenta un novo traballo este venres, na Cafetaría Alfaiate (Praza de España núm.20, A Coruña) Amenizará a presentación o glamour ourensán e o picha discos Ramón -dj Ramón ou "les automatiques"-

Rafael Amor, trasmitirá o seu compromiso cantado, no Auditorio do Centro Cívico de Teis (Rúa Maceiras, Vigo) o venres ás 20:30 horas. Este particular cantautor destacouse por celebrar concertos nas rúa cortadas polos manifestantes arxentinos durante as caceroladas e pola boa relación con Paco Ibañez. Mercedes Sosa e J.A. Goytisolo.

Nun relato izado de subxectividades e,escrito por Ernesto Sábato, Hector Alterio, Pilar Bayona,Paco Casares e Rosa Manteiga, representan "O Túnel" O sábado ás 20 horas, no Teatro Principal (Rúa da Paz, Ourense)

E aparte da programación da sala Yago e das actividades organizadas pola concellaría de cultura do Concello de santiago de Compostela, deber lembrar que no Auditorio de Galicia, celébrase un concerto solidario organizado pola ong IND, o sábado ás 20 h.

Por último, aínda que hai moitas máis; lembren facer o amor e/ou fornicar, que en termos exactos, ven sendo o mesmo que o primeiro, máis cos ollos abertos. Saude

 

A parte A activo 15.12.06 14:03, comentar

Hoxe toca homenaxe

 

Seu nome seguramente non che dirá moito, Friz Freleng, pero si os nomes dos seus persoaxes, A pantera rosa, Bugs Bunny, Sylvester, Tweety ou Speedy Gonzáles... si estivera vivo cumpriría 100 anos, e para celebralo, na páxina Hellonfriscobay.blogspot.com che invitan a deixar constancia da túa admiración (sexas experto, entusiasta ou novato en esto da animación) con algún comentario e de paso repasar os debuxos de Frez.

Tamén temos un pequeno homenaxe para dous compoñentes do colectivo Mondoxíbaro (os compoñentes máis activos), que cumpren... moitos anos ... é , Felicidades e desculpadelos, que estan de celebración...

28 Comentarios Sabanah activo 21.8.06 22:25, comentar

E escomezou a festa, Gora S. Fermín!

Un día destos comento a miña experiencia xunto con Benito en S. Fermin (cando atope as fotos de aquela época).
Este "post" é para comentaros unha páxina moi recomendable eo sobrevivín a San Fermín con fotos do seu autor (moi boas por certo) e que creo que colabora no blog de Pixel e Dixel (tamén moi recomendable).
Gora Sanfermiñak!

 

 

P.D Ao fío deste post lembro as veces que sobrevivín en Allariz a festa do boi , teño unha categoría creada (arquivo) onde tiña pensado precisamente contarvos estas cousas xa pasadas, caralladas sobre min e algunha que outra anecdóta (do que me aconteceu en Caldea, Allariz)... moi pronto e seguide lendo...

Mondoxíbaro activo 7.7.06 16:04, comentar

Festas populares en Galicia

Escomezamos unha nova sección, agora que chega o vrán e cada vila é unha festa, de relatar as Festas populares que se celebran por estos lares. Ao rematar publicaremos un pequeno calendario ondes che podes progamar para o vindeiro ano (neste toca leerlo neste blog).

Como pode que haxa xente interesad@ doutras partes do Estado Español, tamén teremos unha ligazón coa traducción do publicado, así sen custe ningún e pola cara, grazas e de nada!

Mondoxíbaro activo 6.7.06 17:24, comentar

Festas: MARUXAINA

LUGAR : San Cibrao (Cervo-Costa de Lugo)
DATA : Segundo sábado de Agosto

Maruxaina é o nome da protagonista da lenda máis famosa deste lugar, esta festa, coa que se pretende manter viva a lenda, celebrase desde 1985 e en 2002 foi declarada Festa de Interés Turístico. A lenda conta que nos Farallóns vive un ser (mitade peixe e mitade muller) que ten por costume tocar o corno; algunhos veciños pensan que o fai con boas intenciós (avisalos da proximidade dun temporal) e outros pensan que o fai por mal (para tolealos e que embarranquen nos Farallóns). A celebración escomeza pola mañán, coa reunión de todolos veciños na praza do pobo vestidos ao modo dos mariñeiros antiguos (eles con pantalón de mahón azul, camisa branca e boina; elas con saias largas, mandiles, camisa e pañoleta na cabeza, todo en cores de luto); percorren as rúas do pobo co son das gaitas e dos cornos; baixase á praia para comer e pola serán se celebran xogos populares; pola noite se apagan todas as luces da vila e se baixa á praia, onde se espera a chegada da Maruxaina, que é traída dende Os Farallons en chalanas; levase á praza, onde representase un xuizo no que os veciños deciden si quemala ou indultala; ano tras ano é indultada e para celebralo escomeza unha gran festa, no que se reparten miles de litros de queimada.

Mondoxíbaro activo 5.7.06 00:05, comentar