Inventos
Os sinais inaudibeis
Os elefantes emiten unhas chamadas cunha potenza semellante a un concerto de música, aínda que nunha frecuencia inaudibel para o ser humano. Así, diversas investigacións como a da Universidade de Cornell o do Instituto Tecnolóxico de Massachussets están a tratar de coñecer máis sobre os sons destes paquidermos. Fora de esto e e da súa sona sobre a memoria dos mesmos, parace ser que son moitos, os animais que emiten e escoitan frecuencias inaudibeis para o ser humano. Este feito, é particularmente interesante para predecir algúns desastres que os animais semellan adiantar e advertir polos seus comportamentos. Así non só hai referencias antigas de como escapan os cans aos terremotos, senón que tamén hai referencias de que no recente tsunamí de Asia (2004) os efefantes do zoo racharan as cadeas para refuxiarse nas zonas elevadas. Tamén hai un caso en estudo dos elefantes do parque nacional de Yala en Sri Lanka, seguidos por vía satélite, os cales notan cambios cando se achega unha tormenta. O interesante mundo animal, aínda pode sorprendernos, o malo é que non temos orellas, e dubido que no caso de telas saibamos interpretalas. Un último exemplo; No ano 2003, a artista inglesa Sarah Angliss construiu un enorme tubo, como os que utilizan nos órganos das igrexas, de sete metros de longitude, capaz de producir ondas nunha frecuencia de 17 hercios. Despois, dun concerto celebrado ante 750 persons, colocouse o artefacto de xeito que algunhas das pezas emitían infrasóns. Tralo concerto, algúns espectadores afirmaron notar sensacións de frío, anguría, pena ou morriña. Quen sabe, talvez, algunha sensazón de tristura, sexa culpa dalgún son da terra, ou talvez, o día de mañan estaremos a merced dalgunha multinacional farmacéutica que fabrique antidepresivos. Non sei...temo que haberá que procurar algún animal que nos avise!
Chicles fantásticos
Chega un invento desede Xapón; o chicle que fai medrar as tetas!

Chámase Bust up, e promete peitos máis grandes e máis firmes. Non queda a cousa só en iso, senón que mellora a circulación, mingua os efectos da menstruación, crece a secreción vaxinal, luce a pel e o pelo máis fermoso e sobre todo parces máis moza.
Que máis selle pode pedir? Como dícia B. Franklin; " A felicidade humana xeralmente non se logra con grandes golpes de sorte, que poden ocurrir poucas veces, senón coas pequenas cousas que suceden tódolos días"
A cafeína do cerebro
Época de cafeína e produtos semellantes para fixar contidos. Época incerta para a liberdade (Negada a Bernardo Bastida, aos Vascos, aos españois...)Época en resumo; incerta. Con lideres de opinión, da política e dos medios, podres de mediocridade.
Sobresae por iso, que unha loira e guapa moza (Giselle Budchen) rachando o tópico de que as loiras son parvas critique con fundamento á igrexa católica pola postura do aborto e do condón.
Sobresae tamén que Xurxo Mariño*, ilustre polo bares do país do nunca máis, cousas da ciencia e do crebro.
Talvez necesitemos máis cafeina para que o noso cerebro se acostume á critica, á ciencia e ao cuestionamento de tódalas cousas que flotan.

(En épocas de exames, o mellor é lembrar as técnicas de concentración)
_______
* O científico Xurxo Mariño, traballa no grupo Neurocom da Universidade da Coruña
chuzao
| menéame
| tafaneja
| zabaldu
| eleja-me
| digg it!
Megaconstruccións
Son construccións arquitetónicas que rebasan lindes convencionais, normais, transformando o seu entorno dunha maneira incomparable. Sexan realizadas na antigüedade ou produto da enxeñería moderna, innovan e enfrontan os retos do seu tempo, acadando o imposible e deixando unha pegada que perdurará por sempre na historia da humanidade; acadando algunhas, o nome de marabillas arquitetónicas.
Velaquí algúns deses proxectos ambiciosos:
A cidade no ceo - Tokio (ver animacións flash: 1 e 2 )
Aloxaría 35.000 residentes e albergaría 100.000 traballadores, estudantes e visitantes. Esta cidade da era do espazo pode soar a ciencia ficción pero responde á necesidade de solventar o problema dunha cidade densamente poblada. Unha cidade autoabastecida no ar construida por robots con só unha pequena axuda dos seres humanos.
Túnel trasatlántico (ver animación flash )
Si poideses tomar un tren dende Nova Iorque e, en menos dunha hora chegar a Londres, o collerías? Che pasaría algo si tiveses que facer a viaxe por medio dun túnel de 45 metros por baixo do océano Atlántico nun tren que levita magnéticamente?
Unha ponte sobre o estreito de Bering (ver animación flash )
A última vez que os humanos cruzaron polo estreito foi, na era do xeo; de cando unha ponte de terra xuntaba ambos continentes ( Asia e América). Máis antes, deben aprender a lidiar con 88 Kms. de mares violentos e xeo aplastante sobre o Océano Ártico.
Túneis baio os Alpes (ver animación flash )
Como sería diferente Europa si a gran barreira de terra, como son os Alpes, puidera ser atravesada por túneis.
Aeporto internacional de Hong Kong
Nos noventa emprenderon un dos proxectos de enxeñería civil máis grande da historia, cando decidiron construir un novo aeroporto internacional 17 Km. mar adento. Olla como foi feito nesta animación flash
As Barreras de Holanda cara o mar
A maior parte de Holanda atópase baixo o nivel do mar. Loitaron contra as inundacións dende a idade media. Sen embargo, agora teñen unhas enormes barreiras para o mar e diques controlados por ordenador facendo o traballo .
Como colocarías unha nova autoestrada de 10 carrís, 36 metros debaixo de Boston sen sucumbir ou desmoronar a terra e sen poñer en perigo os edificios e a xente? ...isto sucede agora .
Perante 100 anos, unha das máis importantes vías fluviais do mundo permitiu aos barcos realizar un atallo comercialmente crítico entre os océanos Atlántico e Pacifíco. Pero moitos dos actuais barcos son demasiado grandes para o canal feito polo home. Pode ser ensanchado?
Novo metro en Nova Iorque
Como reacondicionar un dos metros máis antiguos e usados do planeta sen pechar o sistema subterráneo dunha cidade por varios anos? descubreo por medio desta animación flash
Fonte: Discovery Channel
Curiosidades da rede
Na rede podes atopar moitas cousas. Por exemplo, é posibel localizar e ecoitar a uns grilos cantando nun punto concreto? Efectivamente, preto de Ourense vostede pode localizar e escoitar a unha panda de grilos.
Onde? aqui.
Concepto desta web: A obsesión occidental por favorecer os aspectos visuais da cultura provocou o menosprezo doutras capacidades perceptivas, como o oído, relegando a un segundo plano aquelas experiencias existenciais consideradas menos significativas, en gran parte, polo seu carácter efémero. No século XX asistimos a un crecente interese polo fenómeno sonoro mais alá da música e da física acústica no que os sons medioambientais revélanse como un interesante obxecto de estudo. Unha aproximación ó son dun lugar é unha aproximación ó seu patrimonio inmaterial, que pode recollerse con fins estrictamente documentais, ou, no caso de “Escoitar.org”, como materia bruta para a posterior análise cultural, para a creación artística e para suscitar debate e cooperación na rede.
Morreu o inventor do futbolín
"Gracias, Señor Finisterre, honra da estirpe galega, do pobo do exilio e da emigración, do pobo que amou e que amará sempre tanto a melancolía como a liberdade" Na imaxe, tomada na "feira das mentiras", vese á esquerda, a Alexandre Fisterra.
Tecnolavadora
Esta é unha lavadora chamada KaionWAVE, de Electrolux, que lava a roupa sen augua. Sen duda, homes e mulleres este sí que é un gran invento, non necesita saber se vai desteñir, mercar deterxente e aforras auga, quero unha!

Como limpa?... pois por raios ultravioleta e radicais libres de oxígeno -casi ná . O truco estará en que cando merquemos a roupa do futuro, ésta estará recuberta de un nanorecubrimiento (¿?) que será doado de tratar por este tecnodoméstico.
De momento, é só un produto en desenvolvemento
Gravadora de cheiros
Expertos xaponeses desenvolveron unha gravadora de cheiros que fai posible almacenar dixitalmente recendos tan comúns como o do pan fresco.
A calidade das fotografías, son e vídeo é mellorada constantemente, pero nunca poderá transmitir información sobre o cheiro dos obxectos fotografados ou filmados. Esta realidade levou a un grupo de científicos adscritos a Universidade de Tokio, Xapón, a crear un aparello que poida analizar e reproducir aromas combinando diversos produtos químicos.
Esta tecnoloxía ten diversas aplicacións comerciais, que van desde as mercas en liña (probar un perfume antes de mecarlo) ata o uso en hospitais (evaluar a distancia o cheiro do sangue o orina). Na descripción do proxecto escriben: “Imaxínese sentir o perfume da noiva cando te chama por teléfono. Ou sentir o cheiro do mar ao ver unha escena do Titanic".
“Co video, vostede só necesita gravar variantes de vermello, verde e azul. Sen embargo, as persoas teñen 348 sensores olfatométricos. Enton, necesitamos un gran número de químicos fonte", comentou Pamuk Somboen, do grupo de científicos xaponeses, na publicación New Scientist.
Inicialmente seleccionarónse 96 aromas, que combinaránse, calentados e fervidos ata dar co cheiro preciso. Posteriormente, os aromas rexistraránse por 15 “narís electrónicas". Nas probas feitas ata o momento poderónse distinguir e reproducir o aroma de mazás blancas e vermellas.
Amigos cagones
Se prevés nestas vacacións invitados sorpresa e que ainda por encima, gastan demáis o papel hixiénico, tes a posibilidade de tentarlles sicolóxicamente, utilizando uns rollos de papel -modelo semellante aos recollidos na foto da esquerda-; tamén hai en formato celo adhesivo como os customizados da foto. Para mandarlle un paquete postal a un amigo que teñas en Estados Unidos co modelo da dereita, chegaría sen abrir?

Fonte: The Cool Hunter
Formigón tránslucido
Tratáse dun novo composto coa resistencia do formigón, pero complementado por fibras ópticas embebidas a través das cales pasa a luz, permitindo distinguir as siluetas a outro lado do muro.
O material presentase en forma de bloques que poden utilizarse na composición de muros ou pilares.

A magóa é que non se decatara de dito invento Xosé Cuiña e que corredoiras máis "loft" teríamos.

