Actualidade

Indignado

Así me sinto eu ca noticia de que o concello de Santa Cruz de Tenerife  (Coalición Canaria), por medio da súa concexalía de Patrimonio, pretende botar a rúa ao grupo local de Tenerife da ONG Amnistía Internacional e a Asociación Tinerfeña de Amigos da Natureza (ATAN).


 

Desde aqui soamente quedasno loitar contra tal decisión, difunde, copia e pega, e fai seguir a seguinte modelo de carta, e dirixe á:

Concejala de Patrimonio: esargon@sctfe.es

Alcaldía: alcaldia2@sctfe.es

 

He recibido con estupor la noticia de que la concejalía que usted representa ha ordenado a las ONGs Amnistía Internacional y ATAN el desalojo inmediato del local que vienen ocupando desde hace más de 20 años. Francamente, no puedo entender cómo un organismo público puede poner en la calle a los miembros de dos de las entidades que más se han destacado en la defensa de los derechos humanos y del medio ambiente, como demuestra la multitud de actividades de sensibilización que ambas han venido desarrollando durante todos estos años. Como socio de ambas asociaciones puedo afirmar con toda seguridad que el argumento de que no realizaban las actividades para las que les habían cedido las instalaciones, pues ni tan siquiera "hacían acto de presencia" es absolutamente falso: ambas asociaciones celebran en ese local al menos una reunión semanal, además de frecuentes ruedas de prensa y otras actividades. Además, en el local se custodia todo el material y la documentación necesarios para desarrollar las actividades de sensibilización y movilización de la sociedad, y sirve como punto de contacto con las personas que por algún motivo quieren acercarse a estas entidades.

También me consta personalmente que es absolutamente falso que no se haya llegado a un acuerdo con el Ayuntamiento por falta de interés de las asociaciones: éstas han intentado en numerosas ocasiones formalizar la situación, pero nunca ha encontrado una actitud receptiva por parte de la Corporación.

Finalmente, quiero señalar que el hecho de que estas asociaciones ocupen este edificio ha permitido la conservación de un inmueble de indudable valor artístico e histórico, que de otra forma habría caído en la ruina y habría acabado siendo víctima de la especulación inmobiliaria.

Por todo ello, le ruego que reconsidere una decisión tan negativa para los ciudadanos de Santa Cruz y de Tenerife en general y en su lugar tome las medidas necesarias para que estas asociaciones continúen desarrollando su labor en este espacio con todos los requisitos y garantías legales.

Atentamente,


DNI:

3 Comentarios Combaro activo 23.6.08 18:18, comentar

Non sei como agradecerllo!

Polas políticas a favor da SGAE, da Igrexa, das asociacións "Provida" (en contra do aborto libre), por non aceptar siquera a discusión da eutanasia, por seguir coa mesma televisión (de mer**), por todo o que non fixo madalegna polo AVE galego, por todo o que fixo en Catalunya polo AVE (e polas cercanias)...por todo o que non fixo nos demáis sitios da plural e democrática España, no que o fiscal do Estado persigue a uns humoristas por unha caricatura, ou a uns cidadáns por desprezar á un Borbón -mentras permite que as cadeas de televisión desprezen ao público- ...por iso e quizais moito máis...(Navarra tería que lembrar a venda a UPN dun "goberno de progreso" 

(imaxe de internautas.org)


Perdón a todos aqueles que, sendo socialistas se poidan sentir desamparados, perdón por que pensades que somos uns desagradecidos, porque non valoramos a saida das tropas do Iraque,  mais,  catro anos non só unha medida. Catro anos son para mellorar a sanidade e as listas de espera, o ensino público (que non concertado ou privado), catro anos dan moito máis que tentar falar coa ETA (estou dacordo que neste tema fíxechedes todo o posible).

De que sirve todo o bo, si o malo pesa máis? De que sirve ter unha oposición pola dereita impresentable, ou tela pola esquerda que se plega aos vosos acordos?

Lembrarei todo isto o 9 de marzo, lembrarei que grazas ao voto de IU, CHA... e a abstención do BNG (entre outros perpetradores) , o   20 de decembro de 2007 aprobouse polo Parlamento español o establecemento dun novo imposto revolucionario, o diezmo da SGAE,AISGE,EGEDA...a taxa cobrada para beneficio privado; no que unha persoa de ben paga na compra dun CD de *amoncín, volta a pagar cando compra un CD virxe para copiar as fotos da viaxe, volta a pagar por pasalas ao pendrive, e volta a pagalas cando as imprime na impresora.

Como dícian os Burning máis ou menos ...esto es un atraco nena...y lo pasarás fatal!

 

2 Comentarios Mondoxibaro activo 3.3.08 16:54, comentar

A Carlos, a

Un español, aínda que a nacionalidade é o de menos, morreu a mans dun soldado do exército español. (ese soldado é un fascista amante dos símbolos perennes da patria) Ese mozo chamado Carlos, loitaba pola liberdade, e reclamaba un estado onde se respetaran os dereitos das persoas. Do mesmo xeito, unha revista é condenada por facer uso dun elemento esencial nun estado de dereito, como é a crítica ou a sátira das medidas ou decisións dos que gobernan. Isaac Díaz pardo é despoxado do Instituto galego de Información, polos socios capitalistas de sargadelos, coa adquiesciencia dunha poetisa que ameaza aos aduaneiros sen fronteiras, por facer crítica da sua cambiante posición (a cambio dos cartos). Leo Bassi, e a Federación Internacional de Ateos son silenciados en Toledo, por culpa dun alcalde socialista e católico. (Son os peores, baste lembrar a Paco Vázquez cos seus excesos).

O panorama de liberdades como vemos non é moi alentador. Sirva o que sigue, de recordatorio ou testemuño do que costa conquerir as liberdades.


 
 

6 Comentarios Mondoxibaro activo 3.3.08 16:36, comentar

A evolución

Durante o nazismo Einstein, a causa de ser xudío, soportou unha guerra de mentiras, co gallo de  desprestixiar as súas investigacións. Un destes intentos deuse cando se compilaron as opinións de 100 científicos que contradicían ás teorias de Einstein, editadas nun libro chamado “Cen autores en contra de Einstein”. A isto Einstein respondeu: “Por que cen? si fora  errado o que afirmo, bastaría só un”

Por iso, coa repercusión da sentenza do caso sobre o 11-M, que finiquita as teorias conspiratorias e as mentiras espalladas polo PP, Só necesitamos ter boa memoria da miseria humana. 

 

 

Incapaces de asumir os erros e as mentiras, (que lonxe quedan os fios de plastilina) hoxe asistimos estupefactos co orgullo de Zaplana no estado de dereito por procurar a verdade. Como se evoluciona no podrido mundo da política; unha verdade e 100 mentiras con discursos para tratar de agochar esa miseria. Nin Einstein o podería explicar.

Comparte este post

 

1 Comentar man activo 31.10.07 09:53, comentar

Masa crítica

Unha masa crítica pode provocar unha revolución. Pode ser unha pequena cantidade que en reacción co entorno, explosione unha "coincidencia organizada". Ao nome de masa crítica, existen catro grupos coñecidos en Galicia de ciclousuarios que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedalea todo os días, celébrao unha vez ao mes".

Os obxectivos comúns de todos os grupos é de divulgación do uso da bicicleta ou de vehículos non motorizados, crear as condicións de respecto e esixencia como medio de transporte favorable, promovendo unha mobilidade urbana máis ecolóxica e sostible.

 

 

Sembre foi un misterio que en España en xeral, non houbese carrís bici. Dado que en comparación, a Europa (Chea de carrís por todas as beirarúas) temos mellor climatoloxía. Hai unha escuxa estendida sobre a topografia urbana; é común que todas as cidades e vilas teñen repechos, agás en Verín,Xinzo, (Ourense) a Terrachá luguesa...,mais precisamente toda europa non é como Amsterdan, e en lugares como Insbruck (Austria) ou o bairro de Montmartre (Paris) ollas á xente pedaleando sen problemas, sen suores, e con respecto de peóns e conductores.

Por iso, a pesar do curmán de Rajoy, para que unha mecha prenda nesa revolución que atalle ou mingue a agresión diaria dos coches ao medio ambiente é necesario lembrar e apurar unha estratexia ecolóxica.

Utiliza a Bici. Esixe carrís bici!!!

Masa critica de Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, España, Outras,  Mundo.

Consellos (animados)  de ciclismo urbano

Comparte este post

 

14 Comentarios man activo 29.10.07 09:51, comentar

Distanza curta

Compadezo aos cataláns pola feira que ten montada a RENFE ( ou ADIF), e o Ministerio de Fomento -do "Gobierno de España"-. Lametablemente a Generalitat, e a súa ordenación territorial, igualiño que aqui coa CPTOPT, contribúen a mellorar os atascos que se producen estes días en Catalunya. En Ourense, por poñer un exemplo van abrir o enlace centro da autovía Rías Baixas, no mesmo centro da cidade, en confluenza coa estrada que ven de Monforte, a Ponte do Milenio e da variante que enlazará coa citada autovía á de Santiago. Vamos que, se coñecen un pouco a cidade, poden imaxinar o contento que esta o bairro do Couto coa tamaña agresión de ruido e tráfico que se aveciña.Tamén o estaran os visitantes da cidade cando teñan que soportar un atasco que ata un rapaz de secundaria, (e miran que teñen mala sona) é capaz de aventurar sen despeinarse. Non hai dúbida, que a diferenza de Catalunya, nós, non apostamos polo tren, e por iso, salvámonos deste chapapote de incompetenza. Nós, xa temos outros recursos para facelo igual de mal. Así nos vai, igual que na foto.

 

 

A foto que ilustra este poste, ben podía titularse; "-Cariño, hoxe me levo o coche" (Foto cortesía de Alex, en: pedacitos.wordpress.com)

Comparte este post

 

 

 

 

man activo 24.10.07 09:43, comentar

Sen ambición

Sen ambición de estado, asulagado en cuestións esperpénticas, enmarañado de frases altodestructibeis dunha unidade falsamente amenazada. Grandilocuencia de taberna, escurecida pola rapidez coa que asalta os medios. Non quere gañar. Non quere talvez, avergoñado polos fios de plastilina, que con gran predicamento científico tentou enganar á población. Sospeito que con mentiras pouco se gaña, mais nun intento de pasar a historia, pergeñou nos amenceres do 14 de marzo un conto cheo de xenreira con sabor policíaco. Onte dixo unha máis, para amosar a súa pobre ambición. Él quere perder as eleccións, e o seu partido,non o sabe.

Comparte este post

 

 

1 Comentar man activo 23.10.07 10:12, comentar

Es-ta-ta-ta-tamos to-to-to-to-dos?

Dentro das estupideces con que a Administración pública sorprende aos administrados é na profusión de conmemoracións que sirven para xustificar un orzamento. Por exemplo, no "día contra a droga", gastan 30 mil euros en camisetas que poñen "No a la droga" e así cos dous minutos no telexornal din que fan algo contra a droga. Esa mesma técnica sirve para o "día da bici", "día da paz"... talvez, o día da hispanidade, selle dispara o orzamento, mais elo, vai en consoancia co furor militar da quenda gubernativa, ou da asexante oposición.

Hoxe, por decisión da ONU, é o día mundial do tatexo. Supoño eu que con dito trastorno da fala, tanto ETA, o Partido popular, Luis Aragonés... e moitos que non teñen un continuo falar, ben sexa por trastorno ou costume estan de noraboa. Fe-Fe-Fe-Fe-li-ci-da-da-da-des!!!

Comparte este post

 

 

 

 

 

 

man activo 22.10.07 13:51, comentar

O sentimos! (polo invisible)

Sentimos non poder estar onte convosco, non quero ser infantil e botarlle a culpa ao servidor, mais lamentablemente, outra vez myblog, volta a ser inacesible a determindas horas do día. E claro, tardas unha hora en conectarte, e cando lle das a publicar vaise todo a tomar polo...

...Ben, onte ía comentar a boa saude de Buenafuente -BFN-  (La sexta), por levar a Iñaki Anasagasti e permitir a un nacionalista, expoñer o que pensa, sen que teña que estar a defensiva dos ventos españolistas. Mais cando critica a coroa, porque últimamente España semella unha rancia pandeireta que se ven en "Cuéntame". A orixe do comentario viña dada pola anécdota de Carod Rovira (Josep Lluís).

Hoxe, ao fio da sentenza xudicial que recoñece a legalidade das páxinas web que conteñan enlaces para a descarga, quero recuperar unha declaración dun músico, que con moita sensatez, di o que todos pensamos, e que outros se encargar de silenciar para acusar a todo internauta de pirata.

 

  

(O músico é Tonhito de Poi)

Comparte este post

 

 

 

 

 

1 Comentar man activo 19.10.07 14:27, comentar

Malos tempos

Tiña pensado falar do programa de tv. "Teño unha pregunta á vostede" e das suas repercusións mediáticas,(Sobre todo de Carod) mais debo deixar tal cuestión ao "grelo" e tocar outro tema que semella máis preocupante.

Lembran que fai  unhas semanas, prendeuse lume nos medios e na rúa sobre a decisión dun atarefado fiscal (e correspondente xuíz) na persecución do delito e mandar prender a dous debuxantes de El Jueves por unha delictiva portada. Ese lume provocou outros lumes e creo que unha sensazón de democracia de "mentirijillas".

Agora, cando tiñamos á unha renomeada poetisa nos nosos soños (de maldizer e pensamento), ésta, ven de mandar un serio aviso aos colegas de Aduaneiros sen fronteiras, por "supostamente" violentar a súa dignidade. !!! Supoño que a Iolandita Castaño, as criticas, lle sentan tan mal... 

Reproducimos a súa páxina, onde explican as razóns do seu peche, que agardemos sexa provisional, e a dirección do seu correo, por si quereres mandarlle o voso apoio.

 

 

Apoios a:

alfandega@aduaneirossemfronteiras.org


Comparte este post

 

 

 

 

 

 

 

2 Comentarios Man activo 17.10.07 19:51, comentar

No Future

Existen dous problemas simples, que son difíciles de solventar; O primeiro é anular a prerrogativa de defensa da honra para a familia real que establelece o art. 491 do Código Penal. Máis que nada, porque non se entende que un tipo coa sangue azul teña esa prerrogativa de condearte por expresar unha repulsa ou opinión do que pensas. Sei que este matiz da liberdade de expresión non pode ser comprendido por diversos medios monárquicos que desmiuzan as actividade pirómanas, como asuntos contra a patria.O segundo é que, cagarte contra a igrexa tamén é penado polo mesmo Código Penal. (Art.525.2) Vamos... Deus , Patria e Estado na patria do Quixote. Se a estabilidade da monarquía española depende dun mecheiro, moi mal vaílle ao rei e á sacrosanta monarquía.

Tamén a nós! -porque nesta plebeia disxuntiva, que empaña os éxitos anteriores, como a teoria conspirativa do 11-M, a España en quebra ou que ETA decide sobre Navarra, permite agochar a pobre democracia que gozamos. En comparación, superamos o podre espiritu patrioteiro, capaz de dar a vida por un trapo e unha estirpe, aos Estados Unidos, Estonia ou ao mesmo Reino Unido. Precisamente fai 30 anos, o Sex Pistols cantaban na monarquía de máis abolengo por excelencia unha parodía do hinmo “deus salve ao rei”. A letra dicía... Deus salve á raíña e ao seu goberno fascista; convertíronte nun idiota, unha potencial bomba de hidróxeno...non hai futuro no soño inglés” Johnny Rotten, anos máis tarde afirmou; “Non se escribe unha canción como “God save the queen” porque odies aos ingleses, senón porque estas canso de os maltraten. Polas súas palabras, en comparación, talvez algúns patriotas cataláns queiman as fotos do monarca porque estan cansos de vodas, bautizos, e demás representacións diante do rancio catolicismo. Seguro que eles queren máis á súa patria que “marichalar and company”. Se os medios de difusión foran verdadeiramente de calidade, falarían dos Sex Pistols co gallo dos episodios pirocténicos aos Borbóns. Polo menos, para mencionar a súa aventura marítima polo Támesis. A canción, a pesar do boicot, chegou a número 2 nas listas británicas e non por iso a monarquía desapareceu. Por iso, tranquilidade señor Peñafiel, Vostede e os políticos, non estan para falar das cousas que lle interesan aos cidadáns. Non estan, porque como dicía Sid Vicious “Non hai futuro” (para a monarquía) é cuestión de tempo -e de oportunidade!

Precisamente hoxe, mataron a Ernesto Che  Guevara, todo un símbolo de revolución no mundo e de como pode ser devorado polo capitalismo para vender o chamado "merchandising"

Comparte este post

 

 

 

 

11 Comentarios man activo 9.10.07 12:44, comentar

Hora 25

Das 24 horas que ten un día normal, hoxe temos 25.  Carlos Llamas,  morreu hoxe, apenas unhas horas tentando vencer un cáncer.

 

 

O escoitei, sempre que puiden, e da súa forma de dicir as cousas, hoxe seguro que esta cantandolle as corenta a san pedro e poñendoo ao corrente das venturas da igrexa que deixou na terra. Sen pelos na lingua, Hora 25, foi un referente da radio en España. Hoxe por culpa dun cáncer de gorxa quedamos mudos e desamparados dunha voz inconfundibel asociada á esa sintonia que nos dícia que estábamos na hora extra do día para procurar e analizar a información. Hoxe non estamos todos.

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 

 

 

1 Comentar man activo 4.10.07 09:45, comentar

Tes cinco minutos que poidas prestar?


Foto e video cortesía de Reuters

Espeluznante foto ao do home tirado na rúa, quitando a súa derradeira foto da súa vida. Nin él podía pensar que él ía ser o protagonista da foto e non polo que recollera ca súa cámara. Chama a atención que o mercenario que disparou co fúsil ata rematar ca súa vida, en clancletas de praia, non se para a ver o que fica detrás; remata a vida dun semellante como que tira unha colilla no chan ou esmaga unha volvoreta ao pasar. Triste condición humana que nos fai enchidos ao ter unha arma entre máns como dono da razón sen pensar máis alá do que me ordenan ou manda.

Que dirá o día de mañán, os deuses o queiran (sexan de aqui, budistas, mahometanos ou cristianos), se cando se enfronte a un xuízo por crimes de lesa humanidade, que él facía o que lle mandaban, ainda que sexa matar por matar, sen razón, obedecendo a un zapateiro asendido a xeral, que consulta o seu porvir entre as chanzas das pitonisas e as estrelas.

Moi dura a foto.

Faiche pensar, a tí e a mín, se por un momento houbese xustiza divina no mundo, por que ocorren tantas desgrazas?

Necesitamos destos albadonazos para decatarnos da importancia das cousas, verdadeiras, e non das patrias e salvapatrias, salvadores da nosa alma e así todo, quen precisa destos militares salvapatrias que son de disparar a un pobo, a unha persoa que soamente dispara ca súa cámara de fotos?

Non sei ti, eo tentarei estar en duas manifestacións, a de Ferrol (polo de Reganosa) e a calquera concentración pola defensa dos dereitos humanos en Birmania (esquece Myanmar o Rangún, son nomes impostos pola xunta militar) ali onde houbese unha persoa, ainda que sexamos soamente dous, concetremenos, concentrate e saca a túas propias conclusións do verdadeiramente importante, son os nosos dereitos, expresarte e defender ainda por riba a persoas que a mellor non pensan coma ti, pero por riba de todo defendes que poida expresarte en total liberdade. Acaso son un iluso?

Tedes concentracións convocadas por diferentes organizacións na vosa cidade, en Galiza polo momento: Na Coruña, praza do Obelisco as 20 h.; aquí as ligazóns que vamos recollendo:

  • Amnistía Internacional: convocatoria de concentracións para o domingo en diferentes localidades do estado Español
  • Avvaz.org: Apoyo a los manifestantes de Birmania coa túa sinatura senón podes estar nas concentracións
  • Amnesty International (Secretariado internacional de Amnistía, en español): información de última hora e campañas
  • Democratic Voice of Burma : Escolma de fotos enviadas polo pobo de Birmania por medio do móbiles a este medio

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar Okemos activo 29.9.07 03:28, comentar

Día de acción, actúa!

Hoxe, por o día 16 de setembro, é o día escollido por diferentes organizacións para lembrarnos o que esta a acontecer en Darfur. Podería escribir mil palabras e non sería capaz de describir como sobrecolle ver as imaxes e imaxinar cal pode ser o sofrimento e canta maldade hai no mundo, doutras persoas hacia os semellantes, só por ser como son, ou por non interesar económicante. Seguramente estas cavilacións soamente poden ser interpretadas por xente de bo corazón -de verdade- non precisan ser cristiáns, deses que van a misa os domingos, pero están a prol da guerra de Iraque -por exemplo- ainda que podemos saturarnos coas desgrazas que ocorren a cotío, esto é IMPACTANTE.

Estiven dúbidando en poñer as seguintes imaxes, por ser moi fortes. Pero cicais algúns de nós merecemos ese "estímulo", unha chispa ou faísca que prenda en nós ese certo pasotismo.

Silde de fotos

Ao mellor non sirve de moito, mandar un correo, escribir un carta ou facer un chamamento a comunidade internacional para parar o xenocidio, pensaredes, pero acaso cando o primeiro que mandou unha carta pola nixeriana que ía morrer lapidada pensou o mesmo?

Esta nas vosas mans, aquí vos deixo unhas ligazóns sobre Darfur. Desculpade se as fotos amosadas son fortes.

 

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 


 

Ainda que o día de acción é o día 16 de setembro (2007) se ves esta entrada outro día tamén podes asinar nás páxinas relacionadas, ainda que poida que algunha che poda dar erro no enderezo, pois poden estar operativas soamente para esa data. Por intentalo que non quede, non che parece?

Okemos activo 16.9.07 17:16, comentar

Deixade aos nenos en paz...

...quitade as vosas viciosas man dos seus calzoncillos e alonxade o voso suxo adoctrinamento dos seus cerebros.

"Campamento de Xesús" * (124 min. USA,2006) é un documental dirixido por Heidi Ewing e Rachel Grady.

*(Se queres velo enteiro, en VOS en castelán, preme no enlace)

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 

man activo 27.8.07 11:13, comentar

A teletenda

Anuncios cutres, agochados na madrugada televisiva, invaden cada vez máis a grella televisiva. Teñen algo de hipnotizantes ou paralizantes no individuo, porque senón non se entende a súa preocupante invasión, e como nos afecta ás nosas vidas.

Observen por exemplo, o comportamento do Partido Socialista Navarro e o PSOE, ao fio de formar goberno ou non, con Nafarroa Bai. Semellan un anuncio de teletenda; -Ordee xa, a súa coalición: Se quere un goberno da UPN, chame ao 905, se quere que nos teñamos maioria, puteando aos de Nafarroa Bai, non faga nada que xa nos votou, por último, se quere que gobernemos en serio, chame a Ferraz para convencer a Pepe Blanco.

Este patetismo se pode resumir, no seguinte anuncio de teletenda; venden un espada samurai, teñen problemas e sen embargo seguen a intentar colocala á audiencia. Que vendera mañan Pepiño Blanco a audiencia?

chuzar  | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 

man activo 3.8.07 09:49, comentar

Canto pesa a coroa?

Iñaki Anasagasti, tiña un blog que pouca xente reparaba. Farto de esquecimento decidiu promocionalo no que él pensa que é o mellor momento; despois do desafortunado acoso á liberdade de expresión -Caso "El jueves"-

Teóricamente todos somos iguais ante a sacrosanta lei. Teóricamente. O que pasa é que o Excelentísimo Sr. Anagasasti  [ Tratamento que selle da aos senadores ] ten inmunidade para dicir o que lle plazca, sen que, ao fiscal de quenda faga nada. Calquera plebeio, non pode dicir o mesmo, talvez, porque vivimos nunha sociedade baleira? consumista? hipócrita? feudal? capitalista? ...

Desde logo, razón non lle falta, non só no de vagos e vivir da chupa de tódolos españois, senón principalmente da hipocresía cortesana que gastan os xornalistas de tódolos xornais, televisión e radios de España.

Canto pesa a herdanza do xeneralísimo? Canto pesa a coroa? Son tan vagos os senadores como a familia real, como para dicir estas cousas nun blog, en vez de propoñer a república dunha vez!

"Ser honrado tal como vai o mundo, equivale a ser un home escollido entre dez mil" (W. Shakespeare) 

 

"O peso da lixereza", de Kiwon Park *

* Kiwon Park relacíonase cun concepto de espazo enraizado no pensamento oriental, dunha maneira natural, como parte da cultura propia. O seu interese baséase no ezpazo baleiro.

Como a vida mesma!

chuzar  | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 

2 Comentarios man activo 27.7.07 10:15, comentar

A mala educación

Había unha frase,-creo que de Alexandre Dumas - que dícia que ..."Como é que sendo tan intelixentes os nenos, son tan estúpidos a maior parte dos homes?" Supoño que é a educación a que trunca, o froito da evolución humana. Perdemos aos ollos da estatística analfabetos, e gañamos imbéciles. Desde pequenos echen as nosas cabezas con números, subconxuntos, verbos compostos, ríos, volcáns, e mandamentos da Santa Madre Igrexa Católica. (poucos afortunados sálvanse na infancia desta última materia) Sen embargo, hai valores esenciais como o respecto aos demáis, a educación dos dereitos, a imaxinación, o razonamento ou a mesma lingua nai, que se reducen ou minguan por falta de tempo. Son tamén algúns pais e nais, que rexeitan valores nos que non creen. Por iso, aqueles rapaces con ideas de ser polícias, xuíces, alcaldes... fan o que fan cando teñen unha responsabilidade.

Lembro que cando era moi cativo, escoitaba a palabra -personalidade- e, non sabía moi ben que significaba. Preguntei unha morea de veces con disimulo, porque a partir dos anos un vólvese recatado en recoñecer a ignoracia, baixo o temor das bulras veciñas. Lembro tamén en parte, unha contestación; -Terás personalidade, cando teñas unha responsabilidade, mais de momento aprende a ser xusto.

Pasaron os anos, amei, desamei, chorei e sobre todo comprendín a empatizar. A tratar de comprender ao outro, de poñerme no seu lugar. Este principio é fundamental para o respecto, a solidariedade e, sobre todo da tolerancia. Así creo que teño unha personalidade, permeable aos amigos e amigas con valores atractivos

Por iso, cando tento o trato con respecto ás persoas, contemporizando o seu traballo ou vida, son inflexibel coa inxustiza e a mentira. Así o creín diante da sede do PP, cando nos enganaban aquel 13M e así o creo agora, a pesar de pasar unha humillación dun poderoso, por que cree que lle falto ao respecto. (Tamén aos de "El Jueves" ou á muller de Murcia, humillada por un xuíz, por ser lesbiana)

O caso é que unha noite de xullo, sete polícias vestidiños de azul celeste, amedentan en plena ríua dos viños de Ourense a dous mozos de apenas 16 anos. Ao pasar, fágolle mención a un deles sobre o trato que lle dan a eses rapaces, tendo en conta, que a outros que coñecemos en Ourense nin siquera os molestan. De súpeto, unha polícia, chama pola emisora reforzos, presentándose dous uniformados azuis escuro para pedirma a miña identificación. -Contéstolle, que non hai problema, mais que él tamén ten a obriga de identificación (como funcionario público). Pesentolle o meu DNI, diante da miña cara, cando él, dándolle un manotazo di, que non ten que identificarse. A mala sorte fixo, que co manotazo o meu DNI parou no sumidoiro que había aos pés. Posteriormente, despois de rexistrarme os petos e comprobar que podían identificarme pola persoa que ía conmigo ou, mesmo na miña carteira co carné de conducir, levanme a comisaría. Alí, non se me permite facer chamadas co insulto e ameaza de darme un par de hostias. Pasado un tempo, colle o meu carné de conducir para tomar nota dos meus datos e me solta, coa advertenza que me denunciará por insultos e desobediencia a autoridade.

Indudabelemente en ningún momento o desobedecín, nin o insultei -ao contrario- e creo que tiven sorte; porque si chego a contestar ao seu insulto (imbécil), supoño que recibía unha hostia e unha denuncia por resistencia.

Aparte de denunciar os feitos no xulgado, chámame a atención a falta de cámaras de gravación nunha comisaria. Fai pouco os sindicatos dos mossos d´escuadra protestaban pola saida ao ar de feitos de tortura e palizas; mais deberían estar ledos de limpar aos polícias corruptos, aos macarras e sinvergonzas que lonxe de asegurar e protexer atemorizan aos cidadáns.

Claro, que sempre haberá alguén que dubide de todo isto, e diga, algo fixo. Senón a polícia non fai todo o que dis. Certo, é bo dubidar.Mais tamén e bo reflexionar: Se domas a un cabalo con berros, non agardes que te obedeza cando fales. Un suxeito do "estado de dereito" debe ser o primeiro en cumprir a lei, e si quere educación debe dala. O poder representado co uniforme, os nervos do cidadán non deber dar erros de atuación. Porque ao fin e o cabo tódolos erros baséanse nunha verdade da que se abusa.

Feliz día da patria imaxinada.

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

man activo 25.7.07 16:12, comentar

Liberdade de...expresión,decisión,manifestación...

Non hai poucos días, padecín un episodio coas forzas de seguridade(?) do estado, ao fio de manifestarlles un comentario a sete policías que amedentaban a 2 adolescentes. -dito comentario, en ton de respecto respondeuno un dos axentes con chamar a dous antidisturbios para identificarme.

O episodio da identificación contareino mañán, xa que ten miga. Mais a sensazón que teño hoxe, pasados os días despois de ver o secuestro dunha publicación -por presuntamente faltarlle ao respecto dos principitos- e despois de discutir o outro día cun funcionario comunitario aposentado en Bruselas e dun mozo de Santander sobre a liberdade dos pobos para decidir sobre o seu destino (sen interferencias dos demáis) é que, vivimos nun estado ficticio. Teóricamente somos todos iguais ante a lei, mais é unha ilusión. Reclamar respecto de expresión, decisión ou manifestación pode ser un dereito caducado polos oligarcas e executores do "estado de dereito constitucional"

Si de verdade, estamos nun estado de dereito, teño ganas de saber canto nos custan os principes, o rei e as infantas. Si de verdade, somos todos iguais, quero que a igrexa pague os mesmos impostos que eu. Si de verdade estamos nun estado de dereito, que cumpran esa lei de aplicación a "EL Jueves" a Jímenez Losantos por apoloxia de golpe de estado. E xa postos a pedir, Que se peche Guantánamo, que haxa paz e liberdade en Eúscadi...que Aznar sexa xulgado con Bush e Blair por crimes de guerra... que a SGAE deixe de roubar e sexa perseguida por elo...

 

Excelente proposta de Kiko da Silva, para a próxima portada de "El Jueves"

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

4 Comentarios man activo 24.7.07 10:32, comentar

A simple vista (2)

Dalle a volta á ilustración..Sorprende non!

 

(Ilustración de Gustave Verbeek)

chuzar  | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar man activo 17.7.07 09:36, comentar