Fotos

Calendario 2008

Non recibimos o calendario Pirelli, non somos uns deses agraciados 2500 que o reciben de balde (contáse nos mentideiros que un deses "agraciados" é o príncipe Charles. Sen embargo os agasallamos con outro calendario senón rival en marca (pois Aubade a marca deste non a coñecía) en calidade "artística" e fotográfica non desmerece en nada.

 Moza de Aubade

E senón xa me contaredes. Por certo tedes os comentarios abertos, para dicir calquera cousa, ánimos, invitacións a cervexas ou que vos desagrada este calendario, penso que con estes temas que se nos da por tocar, imos mudar de nome o blog e poñer "Fagas o que fagas, ponte bragas!"

Mondoxibaro activo 3.3.08 16:28, comentar

Sri Pada

Jessica Agullo é unha fotográfa norteamericana que apresenta exposición no Museo das Peregrinacións en Santiago . Empezou tomando fotos cando estaba a vivir en Exipto, estudando polos anos 80.


A exposición amosa as peregrinacións ao Monte Sri Pada (en Sri Lanka), cun altitude de 3000 m e cos cambios bruscos de temperatura, unido á ascensión, fan un camiño difícil e pouco fotografado.

Tedes a oportunidade de descobrir a Jessica Agullo e as súas fotos, no museo das peregrinacións, rúa de San Miguel 8, a partires deste venres 28 en Santiago ata o 8 de xaneiro do 2008, de martes a venres de 10 a 20 h (os fins de semana pechan as 13:30 h). Recomendable ir este venres, xa descobriredes o por qué .

Por certo, a modo de curiosidade, na páxina do Museo enpeñánse en chamar ao monte Sri Prada, e a fotográfa Jessica Agulló.

 

 

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar Okemos activo 27.9.07 08:22, comentar

Agarráte Manolo que aterrizamos!

De impresión e infarto (tanto para os que van no avión, como pola estrada conducindo) ao aterrar este Boeing 747.


 visto en airlines.net

 chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 

2 Comentarios Okemos activo 14.9.07 13:52, comentar

Barricadas

A foto é de Oded Bality, premio Pulizter do ano 2007, e mostra a paisaxe de Ramallah, durante a limpeza dos campos coloniais por unha orde xudicial do Tribunal Supremo israelí.

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 

1 Comentar man activo 21.8.07 12:46, comentar

A velocidade das cousas

Eugene de Salignac, era un funcionario do Concello de Nova Iorque, adscrito ao departamento de túneles e pontes. Durante trinta anos fotografou as obras civis, que tanto supervisan os nosos xubilados. Descoñezo, se esa costume esta estendida, mais ésta é unha mostra actual da súa exposición no museo municipal da súa cidade. A xustificación deste apunte, ven dado polo libro de Rodrigo Fresan.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

man activo 21.8.07 12:03, comentar

Sen censura, o espido de David Beckam

Aquí a foto, sen censura, de David Beckam co fins humanitarios. Tedes abertos os comentarios, para dicir que vos chama máis a atención!


Foto: Informativos Telecinco

chuza esta historia | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

8 Comentarios Nube Verde activo 20.4.07 00:15, comentar

Outros ollares do mundanal ruido

Dende o pasado 29 de decembro do 2006, ata finais de xaneiro de 2007, na galeria Marisa Marimón, (Ourense) expoñen o traballo os seguintes creadores:

Alfredo Alcaín, Ignacio Basallo, Vicente Blanco, Alberto Datas, Salvador Cidrás,Luis Fega, Manuel Vázquez, Manuel Velasco, José Paz e Rafael Sendín.

Non todo vai ser todo na zona atlántica. non?

Por certo, outra ollada do mundo, podese ver hoxe na 2 de TVE, ás 22:30 en "off cinema", co filme "Osama". Non queremos repetirnos, máis que non sirva a excusa de que non os avisamos.

A parte A activo 8.1.07 13:34, comentar

O Empregado do mes

Que digo ou! este é o empregado do ano!

4 Comentarios Sabanah activo 1.9.06 01:29, comentar

Máis fotos espectaculares

Cada pouco, damos a conocer espectaculares fotos que vamos descubrindo. A nosa fonte é Flickr, que é unha fonte inagotable de bos amantes da fotografía entendida como arte. Nesta caso tratáse de Diego Sevilla, un profesor de informática en Murcia. Os recomendamos todo o set que ten colgado.

 
Salinas de San Pedro - Murcia

Blog de Flickr

4 Comentarios Mondoxíbaro activo 16.8.06 19:25, comentar

Nubes estratosféricas polares

Algunhas das temperaturas máis baixas da Terra fixeron posible unha extrana formación de nubes nos ceos da Antártida. Os científicos que capturaron as imaxes da formación, puseronlle o nome de nubes estratosféricas polares.

"Dicir que son espectaculares é quedarse curto”, afirmou Baker, uns dos científicos da Estación australiana de Mawson. E nós por menos temos que darlle a razón.

 


Foto: Renae Baker/Australian Antarctic Division vía REUTER

 

Máis información: Informativos Telecinco

mondoxibaro activo 4.8.06 10:45, comentar

Debuxos sobre a guerra feitos polos nenos

Children’s Drawings of the Spanish Civil War é un sitio cunha colección de máis de 150 debuxos feitos por nenos de entre sete e catorce anos sobre a guerra civil española. Revelador.

            

Durante a guerra civil española (1936-1939) evacuarónse aos nenos das zonas de guerra e foron levados a colonias establecidas nas zonas libres de España e no sur de Francia. A principios de 1938 o Ministerio de Instrucción Pública e o Instituto Carnegie de España recolleron un gran número de debuxos infantís feitos nesas colonias, na sua maioría por nenos de 7 a 14 anos. O Spanish Child Welfare Association e a American Friends Service Committee usaron os debuxos para publicitar a situacion dos nenos e recoller fondos para a axuda das evacuacións. Nesta páxina podes atopar algunhos destos debuxos que foron identificados.

Non sei a historia completa desta fotografía, o que se ve, son nenos adicando bombas contra o seu inimigo

Que é o que fixemos mal se da nosa especie, nenos coas suas pequenas mans, envían mensaxes de morte nas bombas?

4 Comentarios Mondoxíbaro activo 27.7.06 18:46, comentar

Aurora boreal

Preciosa foto tomada dende un avión (co permiso do comandante eh!)

que podes vela ampliada, premendo sobre ela.

 

2 Comentarios Mondoxíbaro activo 20.7.06 19:42, comentar

Enderezos de fotos impresionantes!

Che recomendo que botes unha ollada a estos dous fotográfos que considero que algunhas das suas creacións son verdadeiras obras de arte!

Os dous teñen fotos aloxadas en Flickr as suas coleccións , Rebekka e Ahmed Zahid's .

Distrutálas e mellor si tes banda ancha -

 

Mondoxíbaro activo 20.6.06 01:40, comentar