Cousas de bar(1)
Ás veces as nosas conversas de bar, tornan culturais por uns minutos, e adornamos ou espallamos os nosos encontros diante da cervexa, con 5 minutillos de culturilla. Indudablemente, ese tempo non é exacto, nen as materias son moi específicas, -agás algún episodio de informática-. Por iso e co ánimo de recopilar algunha das perlas escoitadas -ou ditas- cito a continuación algunha delas. (Así teredes sempre algún recurso sobre o que discutir ou charlar)
1.Un tratado medieval propoñía combatir a luxuria introducindo o dedo en agua fervendo, ou retozando espido nun campo de ortigas.
2. Os sicólogos descubriron que o que deprime á xente casada, é precisamente estar casados. Pola contra, o que desmoraliza aos solteiros, é estar solteiros. Os únicos que parecen estar ben, son os que toman café; porque practican o sexo con maior frecuencia e o gozan más, áqueles/as que o fan antes de tomalo.
3. As "choroti" (mulleres dunha tribu boliviana) escupen á cara da súa parella mentras fan o amor.
4. A maior parte dos fan "striptease" son primoxénitos
5. Un home necesita por termo medio 84 segundos para ulizar o lavabo. Unha muller como mínimo 3 minutos.
6. No sur de Etiopía, lucir o trasto en vertical (pene erecto) considérase un ornamento elegantísimo. (E senón mirádevos no espello, e xa veredes)
7. Para manter unha conversa amistosa, as mulleres soen sentarse unha xunto a outra. Os homes, tende a facelo cara a cara. (Existe unha variante para ligar que contareina outro día)
8. Semella, consonte un estudio universitario*, que os encontros extramatrimoniais teñen lugar entre as 12 e as 3 da tarde. A maior parte das ocasións, o escenario destes encontros é a habitación dun hotel.
9.Os estudos do departamento de sicología da Universidade de Redlands (EE.UU.) revelan que o cariño que unha muller sinte pola súa parella disminúe cando se ven separados durante un tempo. Isto, sen embargo, non lle pasa aos homes.
10. A voz femenima esgota aos homes. (Publicado na revista neuroimage, polo profesor Michael Hunter da Universidade Sheffield)
* Estudos universitarios chorras
|
true religion jeans / Página web (26.11.11 04:59) Major financial consolidation, true religion jeans is Liu Jin was in the lead, in which the actual true religions situation, Liu Yucheng Jin was naturally clearer than cheap Is there such an opportunity, said Liu Jin was considered. Liu Jin was frowning thought, slowly shaking his head. |






