Country girl 2006
Primal Scream é un berro das entrañas. Un berro liberador. O grupo formouse en 1984 en Glasgow (Escocia) da man de Bobby Gillespie,dáquelas batería dos Jesus and Mary Chain. Nesta época comenza a soar en londres o acid-house, polo que lle encargan ao pincha Andrew Weatherall que lle fagan un remix de "I'm losing More Than I'll Ever Have". Weatherall reconstrúe completamente a canción, engadindo unha liña de baixo baseada en ritmos reggae e eliminando a maior parte da instrumentación orixinal para inserir samples con frases de diálogos de Peter Fonda sacados da película The Wild Angels. O rexenerado single transfórmase en "Loaded" que se convertirá en himno das discotecas ao xuntar o rock & roll e o dance.
Hoxe estamos de revisita dun clásico, estreado en 2006. Podería ser unha rapaza de pobo, aínda que tamén outras cousas.






