Éramos poucos

Comedia de reverso amargo que aborda un tema de ancoraxe real sen caer en falsas trascendencias, excesos explicativos e moralinas. Conta a historia du pai e o seu fillo; os cales son incapaces de facer as labores do fogar. Cando a nai os abandona por desastrosos, deciden sacar a avóa do asilo para que lle faga as cousas da casa.

Esta magnífica curtametraxe de Borja Cobeaga -antigo director de "Vaya semanita" de Euskal telebista- conqueriu o premio do xurado na II edición do concurso de curtametraxes "Fotogramas en corto", organizado pola revista Fotogramas no 2006. Tamén obtivo a nominación a un Oscar á mellor curtametraxe de ficción nos Oscar do ano 2007.

Está protagonizado por Ramón Barea ("800 balas", "El otro lado de la cama", "Silencio roto", "Gitano", "Cuando vuelvas a mi lado", "Entre todas las mujeres", Mariví­ Bilbao ("Aquí­ no hay quien viva", "La que se avecina", "El Calentito", "Marujas asesinas", "Salto al vacío" y Alejandro Tejerí­a ("7:35 de la mañana", "Domingo", "Código 7", "Territorio Champiñón", "Made in China" de TVE, "Pornografía", "Vaya semanita" de EITB)

Que o gozedes xunto coa fin de semana!

Comparte este post

 

man activo 26.10.07 11:45



A día 0 Comentario(s)     URL del enlace de referencia

Nombre:
Email:
Página web:
Mándame un email cuando se publiquen más comentarios
Guardar información (cookie)


 Añade emoticonos