O Software Libre é para as persoas
É certo que detrás de case calquera cousa hai persoas; das empresas tamén. Ao dicir persoas me refiro aos individuos. Intentarei separalos da condición de empresarios e explicar porque para eles o software privativo non é percibido como unha cousa mala. Intentarei argumentar porque é necesario que expliquemos, ás persoas, a importancia do software libre.
As personas humanas e as persoas empresario ante o software libre
Os empresarios acostuman a ter presentes vantaxes práticas e económicas. Case todos asenten ao escoitar que os negocios requiren frialdade e praxis. Por iso valoran programas que non teñan custes de licenzamento nin imposicións dos seus proveedores no momento de modificalos ou mantelos. É obvia a necesidade para unha empresa de ser a propietaria absoluta dos procesos informáticos para xestionar o seu negocio.
Mais con demasiada frecuencia o software libre non pasa dos servidores aos escritorios dos traballadores (nen tampouco aos seus fogares). A facturación, contabilidade e procesos de fabricación son dixitalizados cun código libre do cal son donos, mais os escritos e cálculos van aparar a un "office" que os codifica con fórmulas secretas e patentadas. Tamén pasa co ocio dixital: libros, cine, reportaxes, son, música e xogos.
Parece que as -persoas empresarios- valoran seus procesos de xestión de traballo, sen embargo, as -persoas humanas- non son tan coidadosos co seu conocemento.
Un motivo para non decatarse das privacións: non imaxinar que as hai
Non podemos mercar ningún produto con tantas restricións como as do software privativo.
Se os alimentos só poidesen cociñarse nalgunhas marcas de ollas; se os automóbiles se negasen a circular por algunhas estradas non autorizadas pola marca; se as casas no admitisen máis reformas que as que fixese o propio construtor, quizais entón a xente tamén se decataría das restriccións do software. Pero a miudo nos agarran desprevidos nun mundo onde podemos decidir as ferramentas coas que cociñar; escoller un automóbil utilitario e viaxar con él a calquera parte; facer tantas reformas como necesitemos e encargalas a quen nos conveña. As únicas restriccións que debemos soportar son a duración da obra e seu orzamento económico. Entón, Como niguén vai a pensar que o software ten tantas e tan retorcidas privacións?
Os fabricantes de software queren que as restricións pasen ben desapercibidas pola maioría de usuarios particulares. Son os que farán popular o programa, é necesario coidarlles para despois conquerir os cartos das persoas empresario. Estos son os que pagan e consumen, mentres nunca se pronuncian nin a favor nin en contra de nada. Non teñen demasiada influencia social mais que á hora de vender os seus propios produtos e protexerse da competencia directa.
Outro motivo para non darse conta das privacións: non vivilas
Case ninguén lee nunca a licenza antes de aceptala. Cando o fan, ven as restricións como unha cousa lonxana. Son para as empresas que os avogados poden ordeñar a golpes de pleito. "A min nadie me denunciará porque non teño nada", soe ser a frase xusto antes de esquecer o tema.
Algunhos saben que o software privativo codifica seus traballos e que máis adiante será imprescindible ter una licenza para decodificalos. Pero tampouco non lles preocupa demasiado: ata agora nunca se atoparon que non poidan recuperar ningún traballo seu. Teñen todalas versións dos programas que necesitan e sen pagar ningún euro.
Se poden permitir tanto software é porque as copias ilegais son ben doadas de conquerir. Se os fabricantes quisexen, a cousa se podería complicar bastante para os usuarios particulares (non digo os expertos). Pero, cada vez que se lles enche a vea restritiva, os fabricantes de software lembran os beneficios colosais que deron os programas que foron lembren a "piratería".
Soe quedar claro cando as persoas son obxectivo antipiratería. É o caso da SGAE e satélites. A maioría de usuarios de software non perciben en absoluto a Microsoft ou a Adobe como unha SGAE. Case ninguén protesta ao ver as condicións e ameazas nunha licenza dos seus programas privativos, pero moitos se indignan ao ler as notas legais antes de escomezar as películas no cinema ou ao conectar o DVD (e non digamos xa as proteccións DRM dos CD).
Os empresarios sofreron as restricións máis contundentes
Non pasa o mesmo con empresarios que gastan fortunas cada ano en licenzas e por eso moitos migran, pouco a pouco, silenciosamente, cara o software libre.
A impresión social é que o software libre non avanza. A realidade é que moitos informáticos viven delo porque non é demasiado complicado convencer aos empresarios. En Microsoft o saben, e por eso suas campañas anti-Linux falan do prezo e dicen que tamén ofrecen "código aberto". Niguén se o cree -nin tan siquera a propia Microsoft-, polos detalles que poidemos ver despois dun par de anos de campaña.
Mentres escribo isto penso nos responsables de empresas medianas e grandes. Os empresarios das pequenas frecuentemente fan como os usuarios individuais. Vense casos de abusos importantes. Incluso bases de datos cifradas para ter ben agarrado ao cliente. Son cousas miúdo perpetradas por empresas locais de informática que ofrecen programas propios. Saa desmesura fixo que, pouco a pouco queden en nada, -nunha anécdota- este tipo de empresas locais con desenvolvementos propios -alá eles-. En casa da vitíma, unha pequena empresa, non acostuma aparecerlles ningún disparate ter que tiralo todo, de vez en cando, e escomezar de novo. Tampouco é que fixesen grandes cousas cos ordenadores. Os programas tampouco eran nada doutro mundo. Nunca se gastaron demasiados cartos -non falan de invertir-, senón de gastar. A miúdo pensan que as cousas son así, cando se trata de software, eesperan ter máis sorte esta vez. Por iso últimamente procuran un programa estándar, ben coñecido, chámanlle ERP , porque pensan que así atoparás máis proveedores que o coñézan. Servira para darse conta de que agora, tamén teñen un proveedor único (lonxano). Tamén da presenza dun novo actor no escenario: o intermediario/comisionista que lles instalou aquel ERP que ten moitos botóns e posibilidades de personalización -dicen-. O comisionista e personalizador se fai imprescindible non tanto como tal, senón como intérprete que fala "conlinguaxe de informáticos" a un teléfono, que escomeza por 902, cada vez que non se sabe por que unha cousa non funciona. A situación tipíca do pequeno empresario; nunca mellora por falta de información e interés en profundizar. Xusto como os usuarios individuais.
As grandes empresas non queren nada de iso. Tanto é así que teñen informáticos en plantilla. O tic tac interno é como si os programas fosen libres, só que dentro do ámbito da empresa e non do planeta. Conseguiron suficiente independencia á hora de escoller proveedor (os empregados) e fan modificacións (o código é completamente seu). O inconvinte é que teñen un monton de traballo en escomezar demasiados proxectos dende cero, e por eso tamén lles atrae moito o software libre.
Chegados aquí podemos dicir que as restricións do software só existen, na práctica, para quen pode pagar as licenzas privativas. Os usuarios particulares e empresarios pequenos que se o propoñan, poden facerse á ilusión de que a informática é así e non hai ningunha restrición preocupante. Se queren, poden permanecer enriba dunha nube, a mar de satisfeitos por usar ordenadores. Os fabricantes lles poñen o espellismo tan doado como poden.
A responsabilidade social de informar
Os ordenadores son ferramentas para facer vida social, e o que os individuos facemos con eles fai mellor ou peor a sociedade, neste caso, da "información e o conocemento". É unha cuestión de responsabilidade colectiva conquerir que ningunha megacorporación codifique con ningunha fórmula privativa, as tarefas e actividades dixitais de niguén. É necesario que o expliquemos porque as restricións non son tan evidentese non sempre se viven como tales. Tan só progresamos cando o coñecemento circulou. Porén aprendimos a ler e escribir, anulamos o monopolio dos copistas de mosteiro e usamos imprentas; agora fixemos máquinas que se conectan a unha rede que despraza as bibliotecas a cada fogar.
Temos suficiente experiencia coa transmisión de información escrita e sabemos que funciona, pois hoxe podemos ler os escritos dos nosos antergos.Mais non sabemos se os nosos bisnietos poderán ler o que hoxe escribimos e gardamos, codificado, cos programas privativos populares neste momento.
Hoxe é excesivo o coñecemento que circula codificado pola rede; os "contidos" que tan só poden ser leídos có permiso dos amos dos seus decodificadores -os programas-. Un permiso por activa, mercandólles as licenzas, ou por pasiva, cando permiten conquerilos ilegalmente con toda facilidade. Son os novos vixiantes sectarios das bibliotecas dos mosteiros virtuais. Tódolos fitos alcanzados penduran dun fío.
Non é unha cuestión pouco importante e, é preciso que a primeira xeneración de indolentes que están codificando pensen nelo hoxe. Non podemos quedarnos cruzados de brazos, esperando que sexan as xeneracións vindeiras as que se espabilen e os decodifiquen. Quizáis lles deixamos unha tarefa demasiado complicada e irrecuperable. O permiso por pasiva se nos pode negar en calquera momento.
pois falando con imparcialidade, sempre é unha fatalidade ter que estar suxeito a un dono, cuxa bondade non ofrece mais garantías que o seu capricho: e o depender de moitos é ter que sobrelevar outras tantas desgracias
"A servidume voluntaria ", Étienne de la Boétie (1530-1563).
Nos esperan restricións, como o DRM, que poden ser demasiado fortes e difíciles de evitar para a maioría de usuarios.
Ademáis, non hai moitas posibilidades de que a SPA (a "Software ProtectionAuthority", ou Autoridade de Protección do Software), non o descobrise. Nas clases de programación Dan aprenderá que cada libro tiña un control de copyright que informaba de cando e onde fora lído, e quen o lía, á oficina central de licenzas (usaban esa información para descobrer piratas, pero tamén para vender perfís personais a outras compañías). A vindeira vez que seu ordenador se conectase á rede, a oficina centralde licenzas o descobriría. Él, como propietario do ordenador, recibiría o castigo máis duro, por non tomar as medidas adecuadas para evitar o delito.
traducción dun fragmento de "O dereito a ler" un conto de Richard Stallman.
Baixando á Cova de Platón
Ao fin e cabo, mudar de sistema operativo é un mareo considerable. Non é ningún disparate mercalo cunha mudanza e é do máis seguro que os prudentes o queiran planificar con calma. Quen tivo un montón de traballo para usar Windows, quizáis agora pensa que fará falta escomezar novamente dende cero.
Algunhos son de naturaleza hostil ás novidades e esperan atopar software libre idéntico ao privativo que usan. Posiblemente necesitan o seu tempo para que a vea conservadora dilate ata admitir que as novidades non morden.
Destaca o grupo dos que probaron o software libre procurando argumentos técnicos en vez da liberdade. Quizáis pillaron un momento no cal non estaba suficientemente ben resolto calquera detalle técnico importante para eles. Todo elo é diferente cando se usa o software libre sinxelamente porque é libre. Se as cuestións técnicas incomodan é necesario traballar nelo, dende dentro e coa perspectiva dun técnico ou usuario, ata conquerir que poidamos escoller diferentes calidades técnicas dende a liberdade. É unha situación comparable á democracia: ningunha persoa como é debido dubidará que desexa antes, se estradas o un goberno democrático. Un cidadán como é debido tampouco verá a democracia como unha cousa que non vai con él. Sabe que o seu voto conta e todo en conxunto; son cuestións da comunidade. O software libre tamén é da comunidade, técnicos e usuarios. Votamos usándolo e valorándoo.
Tamén se dan situacións de orgullo de difícil identificación. Vín persoas que non poden admitir que se equivocaron escollendo o programa que usan. Que non decatan as restricións nin as viven, é un cousa que queren facer ver que non lles pasa nunca. Polo contrario, lles gosta amosarse ufanos do seu bo criterio á hora de escoller todo o que lles rodea. Súas reaccións ao informarlles da importancia do software libre poden seres pecialmente agresivas e confundirnos. Os ataques poden ser ad hominem porque a miúdo procuran toda clase de motivos para rexeitar o consello. Só eles saben si valoran ou non o software libre, ou si tan só se trata dunha explosión de frustación que irá amainando. Nos tamén o descobriremos pero despois de demasiado tempo, e non é práctico preocuparse. Non demos demasiada importancia a estes episodios e nos aforraremos sofrimentos.
Máis arriba falaba de "cidadáns como é debido" por que hai quen non o son. Cando alguen é conscente das consecuencias das privacións no software pero as apoia, temos o caso dunha persoa a quen non mercarlle ningún coche de segunda man. Podemos confundirlles co grupo anterior, os orgullosos, pero hai matices importantes que necesitarán tempo para sair a flote. Non é raro descobrir -causalmente ou non- algunha actividade empresarial -frustrada ou non- de enriquecemento mediante intentos descarados ou sutís -segundo sua gracia- de embaucar a súa clientela.
Esto non é ningún intento de clasificación dos usuarios, senón de explicar os casos que vín namentras observaba as diferentes reaccións con intención de experimentar e tomar nota. Continuo a curiosear e posiblemente máis adiante poderei engadir matices ou explicar máis casos.
Cando nos explicamos en Internet o facemos mediante texto. Ao escribir non é nada doado transmitir as nosas intencións, nen o estado de ánimo. Nen tan só o consiguen a maioría dos escritores profesionais de éxito. Debemos ter presente que, quen nos lee porá seu ton aos nosos escritos, proxectándoos. O violento atopará que nós o somos, mais difícilmente admitirá que él, é o violento -podedes mudar a palabra "violento" por calquera outra miseria humana, funciona!. É necesario estar preparado para recibir toda clase de reaccións, que deberemos tratar coas precaucións que pide a práctica da espeleoloxía na Cova de Platón.
Tal como están as cousas, a difusión do software libre é como baixar á Cova de Platón. Anima ver que a situación estaba ben retratada no ano 517 A.C. Non mudamos tanto desde aquela. Quizáis non esté todo perdido, ainda, e ben quera que isto do software privativo sexa unha viruela da que rematemos todos ben vacinados.
Traducción ao Galego por MondoLirondo e Man
en castelán superalumnos | en catalán Bitassa a lloure





