Distanza curta

Compadezo aos cataláns pola feira que ten montada a RENFE ( ou ADIF), e o Ministerio de Fomento -do "Gobierno de España"-. Lametablemente a Generalitat, e a súa ordenación territorial, igualiño que aqui coa CPTOPT, contribúen a mellorar os atascos que se producen estes días en Catalunya. En Ourense, por poñer un exemplo van abrir o enlace centro da autovía Rías Baixas, no mesmo centro da cidade, en confluenza coa estrada que ven de Monforte, a Ponte do Milenio e da variante que enlazará coa citada autovía á de Santiago. Vamos que, se coñecen un pouco a cidade, poden imaxinar o contento que esta o bairro do Couto coa tamaña agresión de ruido e tráfico que se aveciña.Tamén o estaran os visitantes da cidade cando teñan que soportar un atasco que ata un rapaz de secundaria, (e miran que teñen mala sona) é capaz de aventurar sen despeinarse. Non hai dúbida, que a diferenza de Catalunya, nós, non apostamos polo tren, e por iso, salvámonos deste chapapote de incompetenza. Nós, xa temos outros recursos para facelo igual de mal. Así nos vai, igual que na foto.

 

 

A foto que ilustra este poste, ben podía titularse; "-Cariño, hoxe me levo o coche" (Foto cortesía de Alex, en: pedacitos.wordpress.com)

Comparte este post

 

 

 

 

man activo 24.10.07 09:43, comentar

Sen ambición

Sen ambición de estado, asulagado en cuestións esperpénticas, enmarañado de frases altodestructibeis dunha unidade falsamente amenazada. Grandilocuencia de taberna, escurecida pola rapidez coa que asalta os medios. Non quere gañar. Non quere talvez, avergoñado polos fios de plastilina, que con gran predicamento científico tentou enganar á población. Sospeito que con mentiras pouco se gaña, mais nun intento de pasar a historia, pergeñou nos amenceres do 14 de marzo un conto cheo de xenreira con sabor policíaco. Onte dixo unha máis, para amosar a súa pobre ambición. Él quere perder as eleccións, e o seu partido,non o sabe.

Comparte este post

 

 

1 Comentar man activo 23.10.07 10:12, comentar

Es-ta-ta-ta-tamos to-to-to-to-dos?

Dentro das estupideces con que a Administración pública sorprende aos administrados é na profusión de conmemoracións que sirven para xustificar un orzamento. Por exemplo, no "día contra a droga", gastan 30 mil euros en camisetas que poñen "No a la droga" e así cos dous minutos no telexornal din que fan algo contra a droga. Esa mesma técnica sirve para o "día da bici", "día da paz"... talvez, o día da hispanidade, selle dispara o orzamento, mais elo, vai en consoancia co furor militar da quenda gubernativa, ou da asexante oposición.

Hoxe, por decisión da ONU, é o día mundial do tatexo. Supoño eu que con dito trastorno da fala, tanto ETA, o Partido popular, Luis Aragonés... e moitos que non teñen un continuo falar, ben sexa por trastorno ou costume estan de noraboa. Fe-Fe-Fe-Fe-li-ci-da-da-da-des!!!

Comparte este post

 

 

 

 

 

 

man activo 22.10.07 13:51, comentar

O sentimos! (polo invisible)

Sentimos non poder estar onte convosco, non quero ser infantil e botarlle a culpa ao servidor, mais lamentablemente, outra vez myblog, volta a ser inacesible a determindas horas do día. E claro, tardas unha hora en conectarte, e cando lle das a publicar vaise todo a tomar polo...

...Ben, onte ía comentar a boa saude de Buenafuente -BFN-  (La sexta), por levar a Iñaki Anasagasti e permitir a un nacionalista, expoñer o que pensa, sen que teña que estar a defensiva dos ventos españolistas. Mais cando critica a coroa, porque últimamente España semella unha rancia pandeireta que se ven en "Cuéntame". A orixe do comentario viña dada pola anécdota de Carod Rovira (Josep Lluís).

Hoxe, ao fio da sentenza xudicial que recoñece a legalidade das páxinas web que conteñan enlaces para a descarga, quero recuperar unha declaración dun músico, que con moita sensatez, di o que todos pensamos, e que outros se encargar de silenciar para acusar a todo internauta de pirata.

 

  

(O músico é Tonhito de Poi)

Comparte este post

 

 

 

 

 

1 Comentar man activo 19.10.07 14:27, comentar

Malos tempos

Tiña pensado falar do programa de tv. "Teño unha pregunta á vostede" e das suas repercusións mediáticas,(Sobre todo de Carod) mais debo deixar tal cuestión ao "grelo" e tocar outro tema que semella máis preocupante.

Lembran que fai  unhas semanas, prendeuse lume nos medios e na rúa sobre a decisión dun atarefado fiscal (e correspondente xuíz) na persecución do delito e mandar prender a dous debuxantes de El Jueves por unha delictiva portada. Ese lume provocou outros lumes e creo que unha sensazón de democracia de "mentirijillas".

Agora, cando tiñamos á unha renomeada poetisa nos nosos soños (de maldizer e pensamento), ésta, ven de mandar un serio aviso aos colegas de Aduaneiros sen fronteiras, por "supostamente" violentar a súa dignidade. !!! Supoño que a Iolandita Castaño, as criticas, lle sentan tan mal... 

Reproducimos a súa páxina, onde explican as razóns do seu peche, que agardemos sexa provisional, e a dirección do seu correo, por si quereres mandarlle o voso apoio.

 

 

Apoios a:

alfandega@aduaneirossemfronteiras.org


Comparte este post

 

 

 

 

 

 

 

2 Comentarios Man activo 17.10.07 19:51, comentar

A forza da natureza

Que dous,tres,..., fan máis que un é evidente.Aínda que esta lección, merece ser vista...no final deste post. Co misterio e os milagres que a mesma vida da e quita.

Sorprendente, non si?

Comparte este post

 

 

 

 

1 Comentar man activo 16.10.07 20:25, comentar

A xénese do home

(Sen palabras)

(recollido en desvarios de wendy)

Comparte este post

 

 

 

 

 

man activo 15.10.07 10:11, comentar

Un pouco de publicidade pero con Autocontrol!

Podes ver a nosa autopublicidade ou crear a túa propia en dylanmessaging.com, disfruta e comparte

non sei por que non funciona as veces a película flash polo que
si ves os cartaces en branco, pincha na ligazón

Comparte este post

 

 

Okemos activo 10.10.07 20:17, comentar

Teño un can cunha gracia interior...que non se pode aguantar!

Ademáis dunha canción pegadiza, meu can Nerón ten un sentimento... que o poño tódolos días a cantar. A veciñanza de Cabeza de vaca (Ourense) o agradece, porque o leva moi adentro. A letra, non diredes que non pode trunfar en "apolohit" ou na Eurovisión; " Yo sueño flamenco, yo sueno distinto, yo lo llevo dentro porque así he nacido  yo canto flamenco...ay, ay yo canto distinto yo lo llevo dentro porque lo he vivido"


www.Tu.tvComparte este post /Fai famoso a este can!!!

 

 

 

 

 

1 Comentar man activo 10.10.07 09:55, comentar

No Future

Existen dous problemas simples, que son difíciles de solventar; O primeiro é anular a prerrogativa de defensa da honra para a familia real que establelece o art. 491 do Código Penal. Máis que nada, porque non se entende que un tipo coa sangue azul teña esa prerrogativa de condearte por expresar unha repulsa ou opinión do que pensas. Sei que este matiz da liberdade de expresión non pode ser comprendido por diversos medios monárquicos que desmiuzan as actividade pirómanas, como asuntos contra a patria.O segundo é que, cagarte contra a igrexa tamén é penado polo mesmo Código Penal. (Art.525.2) Vamos... Deus , Patria e Estado na patria do Quixote. Se a estabilidade da monarquía española depende dun mecheiro, moi mal vaílle ao rei e á sacrosanta monarquía.

Tamén a nós! -porque nesta plebeia disxuntiva, que empaña os éxitos anteriores, como a teoria conspirativa do 11-M, a España en quebra ou que ETA decide sobre Navarra, permite agochar a pobre democracia que gozamos. En comparación, superamos o podre espiritu patrioteiro, capaz de dar a vida por un trapo e unha estirpe, aos Estados Unidos, Estonia ou ao mesmo Reino Unido. Precisamente fai 30 anos, o Sex Pistols cantaban na monarquía de máis abolengo por excelencia unha parodía do hinmo “deus salve ao rei”. A letra dicía... Deus salve á raíña e ao seu goberno fascista; convertíronte nun idiota, unha potencial bomba de hidróxeno...non hai futuro no soño inglés” Johnny Rotten, anos máis tarde afirmou; “Non se escribe unha canción como “God save the queen” porque odies aos ingleses, senón porque estas canso de os maltraten. Polas súas palabras, en comparación, talvez algúns patriotas cataláns queiman as fotos do monarca porque estan cansos de vodas, bautizos, e demás representacións diante do rancio catolicismo. Seguro que eles queren máis á súa patria que “marichalar and company”. Se os medios de difusión foran verdadeiramente de calidade, falarían dos Sex Pistols co gallo dos episodios pirocténicos aos Borbóns. Polo menos, para mencionar a súa aventura marítima polo Támesis. A canción, a pesar do boicot, chegou a número 2 nas listas británicas e non por iso a monarquía desapareceu. Por iso, tranquilidade señor Peñafiel, Vostede e os políticos, non estan para falar das cousas que lle interesan aos cidadáns. Non estan, porque como dicía Sid Vicious “Non hai futuro” (para a monarquía) é cuestión de tempo -e de oportunidade!

Precisamente hoxe, mataron a Ernesto Che  Guevara, todo un símbolo de revolución no mundo e de como pode ser devorado polo capitalismo para vender o chamado "merchandising"

Comparte este post

 

 

 

 

11 Comentarios man activo 9.10.07 12:44, comentar

Os sinais inaudibeis

Os elefantes emiten unhas chamadas cunha potenza semellante a un concerto de música, aínda que nunha frecuencia inaudibel para o ser humano. Así, diversas investigacións como a da Universidade de Cornell o do  Instituto Tecnolóxico de Massachussets están a tratar de coñecer máis sobre os sons destes paquidermos. Fora de esto e e da súa sona sobre a memoria dos mesmos, parace ser que son moitos, os animais que emiten e escoitan frecuencias inaudibeis para o ser humano. Este feito, é particularmente interesante para predecir algúns desastres que os animais semellan adiantar e advertir polos seus comportamentos. Así non só hai referencias antigas de como escapan os cans aos terremotos, senón que tamén hai referencias de que no recente tsunamí de Asia (2004) os efefantes do zoo racharan as cadeas para refuxiarse nas zonas elevadas. Tamén hai un caso en estudo dos elefantes do parque nacional de Yala en Sri Lanka, seguidos por vía satélite, os cales notan cambios cando se achega unha tormenta. O interesante mundo animal, aínda pode sorprendernos, o malo é que non temos orellas, e dubido que no caso de telas saibamos interpretalas. Un último exemplo; No ano 2003, a artista inglesa Sarah Angliss construiu un enorme tubo, como os que utilizan nos órganos das igrexas, de sete metros de longitude, capaz de producir ondas nunha frecuencia de 17 hercios. Despois, dun concerto celebrado ante 750 persons, colocouse o artefacto de xeito que algunhas das pezas  emitían infrasóns. Tralo concerto, algúns espectadores afirmaron notar sensacións de frío, anguría, pena ou morriña. Quen sabe, talvez, algunha sensazón de tristura, sexa culpa dalgún son da terra, ou talvez, o día de mañan estaremos a merced dalgunha multinacional farmacéutica que fabrique antidepresivos. Non sei...temo que haberá que procurar algún animal que nos avise!

Comparte este post

 

 

 

man activo 8.10.07 13:07, comentar

Esta é a miña raiña

Ainda que hoxe estaremos diante da tele para ver o noso deporte favorito, e para ir alegrando o corazón e o espiritu -que non só se alegra coa cervexa- para quentar as vosas emocións, paixóns sen necesidade de queimar fotos, aquí tedes a nosa raiña, con vostedes Tinaaaaaa Tuuurrrneerrrr!

 Ike & Tina Turner na You Tube

Comparte este post

 

 

 

man activo 6.10.07 19:55, comentar

Unha loita noble

Un día calquera, fai moito tempo, uns alumnos dun colexio en Straford on Avon, (Condado de Warwicks,Inglaterra) embestían, chocaban, caían, poñianse en pé, dabanse patadas por debaixo dos xeonllos e loitaban por conquerir unha pelota .

Daquela un deses xogadores, chámabase Willian Webb Ellis e cando recibiu a pelota, a colleu entre as mans, apretouna fortemente contra o seu peito e correu velozmente cara a meta rival.

Pasada a sorpresa incial pola transgresión evidente para aqueles rapaces acostumados ao futbol que non só non protestaron,senón que imitaron entusiasmados un novo deporte; o rugby.

Tal como son os Ingleses, fachedaron tal fazaña cunha lápida no sitio e lugar que di: "Esta lápida conmemora a fazaña de William Webb Ellis, quen facendo gala dunha gran desenvoltura cara as reglas do fútbol que en aqueles tempos se xogaba, correu por primeira vez coa pelota entre as mans, dando asi orixe ao feito diferencial do xogo do rugby .A.D. 1823".


Indudabelmente, a pesar dos nosos eidos diferenciais, aqui ninguén poñería unha lousa en memoria de ninguén, a non ser que sexa dictador ou golpista, mais esa é outra leria.

Pasados os anos, o rugby ten ademáis unha cerimonia particular que ennoblece o espiritu competitivo. Regulamentariamente, son 15 xogadores de cada bando e duas partes de 40 minutos, máis existe unha chamada " terceira parte", non visible para os espectadores asobaidos da dureza e fortaleza con que os deportistas pelexan polo "melón" sen apenas discutir as decisións arbitrais. Nesa terceira parte, os dous equipos comparten pintas de cervexa no Pub ou comida.

Apapanados polo fútbol mediático, non temos máis posibilidades de ver o mundial que se esta a desenvolver en Francia, a non ser que teñas a canle de satélite dixital (Dixital+) ou cable (en Galiza R).

(Recomendo para o fin de semana, ver Australia-Inglaterra, porque seguro que vai ser un partido vibrante)

 

 

 

 

1 Comentar Man activo 5.10.07 11:32, comentar

Hora 25

Das 24 horas que ten un día normal, hoxe temos 25.  Carlos Llamas,  morreu hoxe, apenas unhas horas tentando vencer un cáncer.

 

 

O escoitei, sempre que puiden, e da súa forma de dicir as cousas, hoxe seguro que esta cantandolle as corenta a san pedro e poñendoo ao corrente das venturas da igrexa que deixou na terra. Sen pelos na lingua, Hora 25, foi un referente da radio en España. Hoxe por culpa dun cáncer de gorxa quedamos mudos e desamparados dunha voz inconfundibel asociada á esa sintonia que nos dícia que estábamos na hora extra do día para procurar e analizar a información. Hoxe non estamos todos.

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 

 

 

1 Comentar man activo 4.10.07 09:45, comentar

Ideloxía ou Economía?

Non vou comentar nada desta vez, deixo os comentarios abertos para que me digades vos que pensades. Soamente escoitade o comentario de Iñaki Gabilondo do día 19 de setembro deste ano ao abrir o telexornal do serán... soamente che pedimos comentarios relativos ao título deste post e por favor deixa de lado calquera proselitismo por unha u outra ideloxía. Pola miña banda o comentario de Iñaki Gabilondo pareceme certo, será que me estou volvendo un progre de esquerdas?

 video: you tube


chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

 

Por certo, un  especial informativo sobre a Educación pola Cidadanía, botano
o venres 5 de Outubro (2007), penso que é moi recomendable o seu visionado

3 Comentarios Okemos activo 3.10.07 18:38, comentar

Progamas basura

Non sei como podemos adicar unhas liñas con este tipo de comentarios, pero tampouco explicamónos como pode haber xente que siga este tipo de progamas. Si alguén ten que levar o premio ao maior progama deste tipo, sería A NORIA de telecinco. Un amigo traballa nese progama (non dicimos o nome para salvagardar a súa integridade) xa nos avisara da "calidade" pero, nunca nos imaxinamos ata onde pode chegar a depravación deste tipo de progamas mal chamados rosa (este é de fígado).

Como dí o presentador dun execelente progama da competencia (A Sexta - Sé o que fixeche...) que critica os despropósitos deste gremio son unhos fillos de puta e con perdón das súas nais que seguro non teñen a culpa.

video you tube

 

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar Nube verde activo 2.10.07 17:05, comentar

Tes cinco minutos que poidas prestar?


Foto e video cortesía de Reuters

Espeluznante foto ao do home tirado na rúa, quitando a súa derradeira foto da súa vida. Nin él podía pensar que él ía ser o protagonista da foto e non polo que recollera ca súa cámara. Chama a atención que o mercenario que disparou co fúsil ata rematar ca súa vida, en clancletas de praia, non se para a ver o que fica detrás; remata a vida dun semellante como que tira unha colilla no chan ou esmaga unha volvoreta ao pasar. Triste condición humana que nos fai enchidos ao ter unha arma entre máns como dono da razón sen pensar máis alá do que me ordenan ou manda.

Que dirá o día de mañán, os deuses o queiran (sexan de aqui, budistas, mahometanos ou cristianos), se cando se enfronte a un xuízo por crimes de lesa humanidade, que él facía o que lle mandaban, ainda que sexa matar por matar, sen razón, obedecendo a un zapateiro asendido a xeral, que consulta o seu porvir entre as chanzas das pitonisas e as estrelas.

Moi dura a foto.

Faiche pensar, a tí e a mín, se por un momento houbese xustiza divina no mundo, por que ocorren tantas desgrazas?

Necesitamos destos albadonazos para decatarnos da importancia das cousas, verdadeiras, e non das patrias e salvapatrias, salvadores da nosa alma e así todo, quen precisa destos militares salvapatrias que son de disparar a un pobo, a unha persoa que soamente dispara ca súa cámara de fotos?

Non sei ti, eo tentarei estar en duas manifestacións, a de Ferrol (polo de Reganosa) e a calquera concentración pola defensa dos dereitos humanos en Birmania (esquece Myanmar o Rangún, son nomes impostos pola xunta militar) ali onde houbese unha persoa, ainda que sexamos soamente dous, concetremenos, concentrate e saca a túas propias conclusións do verdadeiramente importante, son os nosos dereitos, expresarte e defender ainda por riba a persoas que a mellor non pensan coma ti, pero por riba de todo defendes que poida expresarte en total liberdade. Acaso son un iluso?

Tedes concentracións convocadas por diferentes organizacións na vosa cidade, en Galiza polo momento: Na Coruña, praza do Obelisco as 20 h.; aquí as ligazóns que vamos recollendo:

  • Amnistía Internacional: convocatoria de concentracións para o domingo en diferentes localidades do estado Español
  • Avvaz.org: Apoyo a los manifestantes de Birmania coa túa sinatura senón podes estar nas concentracións
  • Amnesty International (Secretariado internacional de Amnistía, en español): información de última hora e campañas
  • Democratic Voice of Burma : Escolma de fotos enviadas polo pobo de Birmania por medio do móbiles a este medio

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar Okemos activo 29.9.07 03:28, comentar

A Ría é nosa e non de Reganosa!!!

VEMONOS ALI!

MANIFESTAMOS o total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol. Unha planta de gas que Reganosa está construíndo –sen ter acreditado que cumpre coa lexislación vixente– nas proximidades de núcleos de poboación que suman máis de 100.000 habitantes, cuxa vida quedaría ameazada en caso de entrar en funcionamento. Igualmente, a súa presenza suporía un risco permanente, xunto ó engadido polo complexo petroquímico chamado “Forestal del Atlántico S.A.” e a entrada de buques gaseiros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do arsenal naval militar.

Igualmente, no caso de entrar en funcionamento, Reganosa ameazaría a riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores. Así mesmo, seria un grave obstáculo para a declaración de Patrimonio da Humanidade, proposta para os castelos e arsenais, ademas de provocar perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.

Os abaixo asinantes denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na autorización da súa construción, en canto a distancias de seguridade respecto das poboacións próximas e para unha saída de urxencia dos buques gaseiros, co cal non estarían salvagardadas nin as persoas nin os seus bens.

Por todo isto, manifestamos:

  1. O nosa petición de que sexan retiradas tódalas denuncias que afectan ós traballadores do mar, na Ría de Ferrol, implicados neste proceso da súa defensa e en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa.

  2. O noso total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado no interior da Ría de Ferrol. Asimesmo, solicitamos ó goberno da Xunta de Galicia que recupere o Porto Exterior como espacio axeitado para a instalación da Planta de gas, prevista nese lugar dende o ano 1994.

  3. O noso apoio á manifestación que terá lugar en Ferrol o próximo día 30 de setembro, en protesta pola existencia dunha planta de gas nun lugar totalmente inadecuado e a nosa solicitude ás autoridades competentes de que non aproben a acta de explotación comercial ou de funcionamento definitivo de Reganosa, do mesmo modo que pedimos a reconversión do complexo petroquímico de Punta Promontoiro, por ameazar a vida da poboación e a riqueza marisqueira da Ría.




chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar Okemos activo 27.9.07 18:14, comentar

Sri Pada

Jessica Agullo é unha fotográfa norteamericana que apresenta exposición no Museo das Peregrinacións en Santiago . Empezou tomando fotos cando estaba a vivir en Exipto, estudando polos anos 80.


A exposición amosa as peregrinacións ao Monte Sri Pada (en Sri Lanka), cun altitude de 3000 m e cos cambios bruscos de temperatura, unido á ascensión, fan un camiño difícil e pouco fotografado.

Tedes a oportunidade de descobrir a Jessica Agullo e as súas fotos, no museo das peregrinacións, rúa de San Miguel 8, a partires deste venres 28 en Santiago ata o 8 de xaneiro do 2008, de martes a venres de 10 a 20 h (os fins de semana pechan as 13:30 h). Recomendable ir este venres, xa descobriredes o por qué .

Por certo, a modo de curiosidade, na páxina do Museo enpeñánse en chamar ao monte Sri Prada, e a fotográfa Jessica Agulló.

 

 

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

1 Comentar Okemos activo 27.9.07 08:22, comentar

As mellores xogadas de Rugby

Non sei se o título é exacto, pero si unhas das 10 mellores xogadas. Procuraba videos sobre os últimos partidos da IRB Rugby World Cup que estáse a celebrar en Francia, pero coido que é moi cedo para atopalos en You tube.

Ainda que non che goste o Rugby, estas xogadas, poidan que chaman a túa atención. Engancheime ao rugby cas retrasmisións de Ramón Trecet para TVE do 5 nacións daquela e por iso abonamei, daquela tamén cando chegaron as privadas a Ourense (por aquel tempo, traballaba nesa cidade) e que partidos os de Gales contra Inglaterra, ou contra Irlanda...

O último partido que vin foi vendo xogar a un gran equipo, dos partidos que fan afición, Georgia contra Italia, que anda que perdeu Georgia, o día de mañan é posible que se empeza a falar deles como unha gran potenzia!

video: you tube

chuzar | menéame | tafaneja | zabaldu | eleja-me | digg it!

MondoLirondo activo 24.9.07 12:27, comentar